Segundo Mariño
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de maio de 1942 Pontevedra, España |
Morte | 9 de novembro de 1992 (50 anos) Vigo, España |
Causa da morte | cancro |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Segundo Mariño Vázquez, nado en Pontevedra o 28 de maio de 1942 e finado en Vigo o 9 de novembro de 1992, foi un xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou en El Pueblo Gallego. Foi delegado de La Voz de Galicia en Vigo na década dos setenta. Foi fundador e ía ser o primeiro director do Diario de Galicia. Dirixiu Diario 16 de Galicia ata 1990 e despois La Voz del Tajo. Foi presidente da Asociación da prensa de Vigo. Finou en Vigo o 9 de novembro de 1992 a consecuencia dun cancro.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Unha rúa de Vigo leva o seu nome dende 1994.[2]
- Premio xornalístico Enrique H. Botana en 1996, a título póstumo.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María del Carmen Parada e foi pai de Santiago e Ana Mariño Parada.