Segundo García Núñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Segundo García Núñez
Nacemento1893
 A Portela
Falecemento16 de setembro de 1936
 Vilamartín de Valdeorras
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

Abdón Segundo García Núñez, nado na Portela (Vilamartín de Valdeorras) en 1893 e finado no mesmo concello o 16 de setembro de 1936, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Veciño da Portela. Militante do Partido Galeguista. Fixo denuncia pública da pervivencia de prácticas electorais caciquís e defendeu aos labregos. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 un grupo de falanxistas e gardas civís sacárono da casa. Levárono á checa da casa do Riocigüeño para trasladalo a Ourense. De camiño, foi asasinado á altura da ponte Bibei na estrada N-120, o 16 de setembro de 1936.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]