Saltar ao contido

Segunda guerra sinoxaponesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Segunda guerra sinoxaponesa
Guerra do Pacífico Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Historia
Datas e cronoloxía
 Data de comezo
7 de xullo de 1937 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
9 de setembro de 1945 Editar o valor en Wikidata
Características
 Causado por
Implicados
Localización
 Localización
Fontes e ligazóns
Redes
BNE: XX542556
Wikidata G:Commons C:Commons

A segunda guerra sinoxaponesa foi un conflito bélico entre a República da China e o Imperio do Xapón desenvolvido entre 1937 e 1945, como continuación da guerra de Manchuria iniciada en 1931.[1][2] Considérase como parte da segunda guerra mundial, e adoita sinalarse como o comezo desta na fronte asiática. Trátase da maior guerra loitada no continente durante o século XX,[3] e foi descrita como o "holocausto asiático" pola escala dos crimes de guerra nipóns contra a poboación civil chinesa, similares aos cometidos na Europa.[4][5][6] Tanto na República da China como na República Popular é chamada a guerra de resistencia contra a agresión xaponesa (en chinés tradicional: 抗日戰爭; en chinés simplificado: 抗日战争; en pinyin: Kàng Rì zhàngzhēng).

O 18 de setembro de 1931, os xaponeses escenificaron o incidente de Mukden, unha operación de bandeira falsa ideada para xustificar a súa invasión de Manchuria e o establecemento do estado monicreque de Manchukuo. Algúns historiadores consideran esta data como o comezo da guerra.[7][8]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.