Segunda Guerra Civil de Costa do Marfil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Segunda guerra civil de Costa do Marfil
Parte de Crise política en Costa do Marfil de 2010-2011

Mapa da ofensiva de Ouattara realizada en marzo de 2011.
Data 25 de febreiro-11 de abril de 2011 (combates)
Lugar Costa do Marfil
Resultado Vitoria das forzas de Ouattara
Caída e captura de Gbagbo
Belixerantes
Forzas pro-Gbagbo
FANCI
  • Exército
  • Policía
  • Armada
  • Forza Aérea
  • Garda Republicana

FPI
MPA
FRGO
Mercenarios liberianos

Forzas anti-Gbagbo
RDR
FNCI
ONU (ONUCI)
Francia
Líderes
Laurent Gbagbo
Charles Blé Goudé
Denis Glofieï
Alassane Ouattara
Guillaume Soro
Choi Young-jin
Forzas en combate
FANCI:
50.000-55.000 (inicio)[1][2]
2.000-5.000 (final)[1][2]
2.500 gardas (final)
15.000 MPA (final)[3]
10.000 FRGO (final)[4]
9.062
Francia 1.650[5]
10.000 FNCI[6]
Baixas
100 mortos 500 mortos

A Segunda Guerra Civil en Costa do Marfil[7][8] iniciouse o 25 de febreiro de 2011 cando empezaron os combates entre as forzas leais ao presidente electo e o de facto no oeste do país.[9]

O conflito armado debeuse á escalada de violencia que vivía o país pola crise política producida polo descoñecemento da vitoria do líder opositor Alassane Ouattara por unha estreita marxe de votos na segunda volta das eleccións presidenciais do 28 de novembro de 2010 que derrotara o presidente Laurent Gbagbo, quen contaba coa lealdade das forzas armadas para perpetuarse no poder pero cun gran rexeitamento por parte do pobo e a comunidade internacional.

Tras teren quedado claras as posturas de ambos bandos, a comunidade internacional ao completo (cabe destacar a Unión Europea, Estados Unidos, a Organización das Nacións Unidas, a Unión Africana ou a Comunidade Económica de Estados de África Occidental) posicionouse a favor dos resultados proclamados pola comisión electoral que daban a Outtara como vencedor nas eleccións.[10]

Despois de meses de negociacións infrutuosas e a violencia esporádica entre os partidarios dos dous lados, protestas reprimidas polo exército e a policía e ataques a opositores políticos entre os distintos bandos, a crise converteuse nunha guerra civil cando as milicias de Ouattara tomaron o control do norte do país durante o marzal de 2011, atrincheirándose Gbagbo na ex-capital e cidade máis grande do país, Abidjan.

As organizacións internacionais informaron de numerosos casos de violacións de dereitos humanos por ambas partes, en particular, na cidade de Duékoué, onde o 29 de marzo polo menos 800 persoas foron masacradas por milicianos de ambos bandos.[11] Mentres as tropas rebeldes avanzaban cara ao sur, tomando a capital, Yamoussoukro, o 30 de marzo, sen resistencia,[12] as forzas da ONU e Francia deron apoio militar ás forzas do goberno electo.[13]

Ao día seguinte (31 de marzo) as milicias de Ouattara entraron en Abixán producíndose unha gran batalla pola cidade. Uns 2.000 a 3.000 rebeldes entraron nela mentres o presidente electo declaraba un toque de queda de tres días. Cando as tropas internacionais interviron especialmente na loita pola cidade, a Gbagbo quedáballe só unha pequena fracción das súas forzas, na súa maioría da súa garda persoal ou mozos milicianos. Moitos dos seus oficiais desertaran pasándose ao outro bando ou escapado do país.[1]

A batalla de Abidjan deuse por finalizada coa captura de Gbagbo na súa residencia o 11 de abril dándose por acabada oficialmente tamén a guerra civil.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]