Secundino Torres Vázquez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1930 Xiadás, España |
Morte | 21 de abril de 2016 (85/86 anos) Boqueixón, España |
Alcalde de Boqueixón | |
1983 – 1991 ← Luis Bragaña Neira – Adolfo Gacio → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Secundino Torres Vázquez, nado en Xiadás (Boqueixón) en 1930 e finado no mesmo concello o 21 de abril de 2016,[1] foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nas eleccións municipais de 1979 foi elixido concelleiro e tenente de alcalde en Boqueixón pola candidatura independente encabezada por Luis Bragaña Neira. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a Candidatura dos Independentes de Boqueixón e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1987 foi o cabeza de lista da Coalición Progresista Galega e resultou reelixido alcalde con maioría absoluta. Foi un dos alcaldes desta formación que respaldou o apoio de 3 dos seus deputados provinciais á moción de censura promovida polos socialistas na Deputación da Coruña en xuño de 1989. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura da CNG perdendo a alcaldía en favor do PPdeG, o cal logrou a maioría absoluta con Adolfo Gacio Vázquez (que fora o seu número 2 os 8 anos anteriores) como candidato.
Predecesor: Luis Bragaña Neira |
Alcalde de Boqueixón 1983 - 1991 |
Sucesor: Adolfo Gacio Vázquez |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, Santiago, 22-4-2016, p. 6.