Saltar ao contido

Secretaría Xeral de Universidades

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Secretaría Xeral de Universidades
Tipoaxencia gobernamental Editar o valor en Wikidata
Parte deConsellería de Cultura, Educación e Universidade Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Data
Fundación2024 Editar o valor en Wikidata
Localización
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
SedeSantiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A Secretaría Xeral de Universidades é un órgano da Xunta de Galicia encargado da regulación do Sistema Universitario de Galicia.[1] É un órgano dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. O seu titular actual é José Alberto Díez de Castro.[2]

Funcións

[editar | editar a fonte]

Correspóndelle exercer as competencias e funcións seguintes:[3]

  1. Planificar a oferta de ensino universitario na Comunidade Autónoma de Galicia, en coordinación coas universidades galegas, incidindo na mellora continua do Sistema universitario de Galicia e na súa conexión e adaptación ao contorno, para dar resposta ás necesidades da sociedade actual.
  2. Elaborar o plan autonómico de financiamento universitario que, respondendo aos principios de estabilidade financeira, suficiencia, eficiencia e equidade institucional e territorial, proporcione ás universidades públicas do Sistema universitario de Galicia os recursos necesarios para o desenvolvemento das funcións de docencia, investigación e transferencia e teña en conta os resultados acadados por cada unha das institucións para a rendición de contas á sociedade galega.
  3. Fomentar a excelencia dos campus universitarios e emitir informe sobre a creación dos campus de especialización e a creación das estruturas de investigación.
  4. Promoción e xestión eficiente e integradora dos recursos e capacidades de investigación do Sistema universitario de Galicia para a súa posta en valor no marco do sistema de innovación e, particularmente, a promoción da coordinación das universidades galegas no establecemento de programas, infraestruturas e actuacións en materia de investigación.
  5. Contribuír á ordenación e complementariedade das capacidades investigadoras do Sistema universitario de Galicia, seguindo criterios de excelencia e consolidación no ámbito dos obxectivos que establezan os plans do Goberno galego en materia de investigación e innovación.
  6. Contribuír ao fortalecemento da cohesión social e ao principio de igualdade de acceso ao ensino universitario mediante accións de apoio ao estudantado fomentando o esforzo e a excelencia.
  7. Tramitar os recursos administrativos relacionados coas competencias da Secretaría Xeral de Universidades.
  8. Tramitar e resolver as solicitudes de acceso á información pública correspondentes a materias de competencia da Secretaría Xeral de Universidades.
  9. As funcións determinadas pola Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, non atribuídas a ningún outro órgano superior.
  10. Promover accións para impulsar a aplicación transversal do principio de igualdade por razón de xénero no ámbito universitario.
  11. Calquera outra competencia e función que lle sexa delegada ou encomendada pola persoa titular da Consellería.

Baixo a súa dependencia, a Secretaría Xeral de Universidades, para o cumprimento das competencias e funcións encomendadas, contará cos seguintes órganos:

  1. Subdirección Xeral de Universidades.
  2. Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria.

En maio de 2025, a singularidade de máster universitario excluíu o máster en matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, creando a plataforma En defensa do mestrado de Matemáticas da USC.[4]

  1. "Secretaría Xeral de Universidades". Consellería de Cultura, Educación e Universidades. Consultado o 2025-05-25. 
  2. $fb_url_video. "José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2025-05-25. 
  3. "DOG 101 do 27/5/2024 - DECRETO 138/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.". www.xunta.gal. CAPÍTULO III. Consultado o 2025-05-25. 
  4. Diario, Nós (2025-05-21). "Alertan da posíbel supresión do Mestrado de Matemáticas na USC". Nós Diario. Consultado o 2025-05-25.