Secho Martínez
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1977 Xuño, España |
| Actividade | |
| Ocupación | adestrador de fútbol |
José Manuel Martínez Paz, chamado Secho, nado en Xuño (Porto do Son) en 1977, é un adestrador de fútbol galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Adestrador de equipos base do Deportivo, foi seleccionador galego sub18 (2017[1]) e despois adestrador do Noia[2].
A súa visibilidade comezou ao ser designado segundo adestrador do Deportivo da Coruña, no equipo de Rubén de la Barrera, xa en Segunda División. Posteriormente foi tamén asistente do CD Lugo, tamén en Segunda División.
Logo pasou a adestrar o Bergantiños en Terceira, para a tempada 23/24, equipo que gañou o campionato e obtivo o ascenso directo á Segunda Federación. Porén, non renovou[3] no posto e quedou libre[4]. Logo duns meses, a finais de marzo de 2025 fichouno o Compostela para conseguir a permanencia, co equipo en situación de descenso[5].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La Selección Gallega sub-18 cae en semifinales de la Fase Final del Campeonato Nacional". Canteira celeste (en castelán). Consultado o 2025-03-27.
- ↑ "Secho, novo adestrador da SD Compostela". SD Compostela. 2025-03-25. Consultado o 2025-03-27.
- ↑ Mendoza, Santi. "Secho: “Había diferencias con la parcela deportiva que veía insalvables”". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 2025-03-27.
- ↑ "Secho Martínez no seguirá como entrenador del Bergantiños". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-05-22. Consultado o 2025-03-27.
- ↑ Álvarez, Valentín (2025-03-25). "José Manuel Martínez 'Secho' es el elegido para obrar el milagro en el Compostela". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2025-03-27.