Saltar ao contido

Sebastián Guerrero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSebastián Guerrero

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
O Bierzo, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Buenos Aires Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónprofesor universitario, político Editar o valor en Wikidata

Sebastián Guerrero, nado no Bierzo e finado en Buenos Aires, foi un avogado e dirixente societario galego na Arxentina.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Avogado e escribano de Buenos Aires. Socio da Sociedade Cultural de El Pino.[1] Foi dirixente da Sociedade Nazonalista Pondal e redactor de A Fouce. Integróuse na Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales en 1927 e presidiu o seu V congreso en xaneiro de 1928. Despois do congreso integróuseormou parte do comité de prensa que dirixia El Despertar Gallego, encamiñando o periódico cara o galeguismo ata a súa renuncia a finais dese ano. Volveu integrarse na Federación logo da ruptura cos socialistas en 1929. En outubro dese ano foi elixido vicepresidente da Asociación Fraternal América e director da súa revista Coopereración.[2] En 1930 encabezou o intento de copar o comité de redacción de El Despertar Gallego por parte dos separatistas. Integróuse como xornalista en Correo de Galicia. Continuou militando na Sociedade Nazonalista Pondal ata que foi expulsado en 1934 "pola súa campaña españolista" en Correo de Galicia.[3]

Orador frecuente nos actos galeguistas, publicou un manual de dereito penal para os estudantes da Universidade de Buenos Aires e tiña anunciado a publicación dos libros El Federlismo Argentino ante la realidad jurídica y social e La Internacional Roja y el nacionalismo gallego, que non chegaron a ver a luz.[4] Colaborou en Céltiga, Eco de Galicia e Nós, onde apareceu un seu artigo na sección Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza en 1929.[5]

  • Rudimentos de derecho penal. Buenos Aires, 1929.
  1. Correo de Galicia,17-10-1926, p. 4.
  2. Correo de Galicia, 13-10-1929, p. 10.
  3. A Fouce, febreiro-1934, p. 4.
  4. Céltiga, 25-4-1929, p. 10.
  5. Nós, 72, 15-12-1929, p. 220-222.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Díaz, Hernán M. (2007). Historia de la Federación de Sociedades Gallegas. Buenos Aires: Fundación Sotelo Blanco-Biblos. pp. 230–231. ISBN 978-950-786-574-9.