Sears, Roebuck & Company é unha cadea multinacional de venda[1] con sede en Hoffman Estates, Illinois, en Greater Chicago. A empresa foi fundada por Richard Warren Sears e Alvah Curtis Roebuck en 1893 como un catálogo de envío por correo. Julius Rosenwald tomou o control en 1895 e ampliou o negocio e aumentou as vendas e os beneficios. En 1925, comezou a abrir as primeiras tendas. O negocio acadou o seu cumio entre a década de 1950 e 1960, e despois comezou unha longa e lenta contracción. No 2005, foi mercada por Kmart, que se renomeou como Sears Holdings.