Señor de Sipán
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | valor descoñecido |
| Morte | valor descoñecido Valley of Moche |
| Lugar de sepultura | Huaca Rajada 6°48′05″S 79°36′07″O / -6.801305, -79.6019039 |
| Actividade | |
| Ocupación | gobernante |
| Período de actividade | (Con vida en: século III |

O Señor de Sipán foi un antigo gobernante do século III, cuxo dominio abrangeu unha zona do actual Perú.
Historia e características
[editar | editar a fonte]O arqueólogo peruano Walter Alva, canda o seu equipo, descubriu a tumba do Señor de Sipán en 1987. O achado das tumbas reais do Señor de Sipán marcou un importante fito na arqueoloxía do continente americano porque, por vez primeira, foi achado intacto e sen pegadas de saqueos, un enterro real dunha civilización peruana anterior aos incas. O cadaleito de canas en que se achou, foi o primeiro no seu tipo que se atopou en América e revelou a magnificencia e maxestade do único gobernante e guerreiro do antigo Perú atopado até a data do seu descubrimento, cuxa vida transcorreu ao redor do ano 250 da era actual.