Scott Walker (cantante)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Scott Walker
Fenklup1968ScottWalker.jpg
Nome completoNoel Scott Engel
Nacemento9 de xaneiro de 1943
OrixeHamilton, Ohio Flag of the United States.svg
Falecemento22 de marzo de 2019 (76 anos)
 Londres
Causacancro
Ocupacióncantautor, compositor, produtor musical, multiinstrumentista
Instrumento(s)voz, guitarra, teclados
Tempo en activo1958 - 2019
Na rede
http://www.4ad.com/artists/scottwalker
IMDB: nm0908199 Allmovie: p440122
Spotify: 04tBaW21jyUfeP5iqiKBVq iTunes: 13432236 Last fm: Scott+Walker Musicbrainz: 99524243-dc2e-4bf3-82c0-72395391d21f Songkick: 380664 Discogs: 31750 Allmusic: mn0000253142 WikiTree: Engle-1418 Deezer: 7526 Editar o valor em Wikidata

Noel Scott Engel (9 de xaneiro de 1943 - 22 de marzo de 2019),[1] coñecido polo nome artístico de Scott Walker, foi un cantautor, compositor e produtor musical anglo-estadounidense que residía en Inglaterra. Walker foi coñecido pola súa emotiva voz barítona e o seu estilo pouco ortodoxo que o levou de ser unha sofisticada icona do pop adolescente nos anos 60 a un músico de vangarda no século XXI.[2][3] O éxito de Walker produciuse principalmente no Reino Unido, onde os seus primeiros catro álbums en solitario chegaron ao top 10. Viviu nese país dende 1965 e converteuse en cidadán británico en 1970.[4]

Saltando á fama a mediados dos 60 como líder do trío de pop The Walker Brothers, comezou unha carreira en solitario co álbum de 1967 Scott, avanzando cara un estilo caza vez máis desafiante en álbums de baroque pop de finais dos 60 como Scott 3 e Scott 4 (ámbolos dous de 1969).[5][6] Despois de que as vendas dos seus traballos en solitario comezasen a baixar, reuníuse con The Walker Brothers a mediados dos 70.[2][3] Dende mediados dos 80 Walker reviviu a súa carreira en solitario movéndose cara a unha dirección cada vez máis vangardista;[6][7][8] deste período da súa carreira The Guardian dixo "imaxina a Andy Williams reinventándose como Stockhausen".[3] As gravacións dos 60 de Walker foron moi apreciadas pola escena musical underground británica dos 80.

Walker continuou gravando ata 2018. Foi descrito pola BBC tras a súa morte como "un das figuras máis enigmáticas e influíntes na historia do rock".[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Scott Walker Dead at 76". Pitchfork (en inglés). 2019-03-25. Consultado o 2022-06-21. 
  2. 2,0 2,1 Harrison, Ian (2013). "Splendid Isolation". Mojo. ISSN 1351-0193.
  3. 3,0 3,1 3,2 "Scott Walker: 'I was an intense young guy. I think I did temporarily go crazy'". the Guardian (en inglés). 2012-11-23. Consultado o 2022-06-21. 
  4. "Scott Walker - The Collection 1967-1970". UNCUT (en inglés). 2013-07-11. Consultado o 2022-06-21. 
  5. "Scott Walker: 'Til the Band Comes In". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2022-06-22. 
  6. 6,0 6,1 "Top 100 Albums of the 1990s". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2022-06-22. 
  7. "190778-counterbalance-scott-walkers-scott-4, PopMatters". PopMatters (en inglés). 2021-01-26. Consultado o 2022-06-22. 
  8. Shafer, Cody Ray. "Scott Walker and Sunn O))) Working On Album". www.undertheradarmag.com (en inglés). Consultado o 2022-06-22. 
  9. "Scott Walker, influential rock enigma, dies aged 76". BBC News (en inglés). 2019-03-25. Consultado o 2022-06-21.