Sciurinos (tribo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esciurinos (tribo)
Sciurini

Rango fósil: finais do Eoceno [1] - Actualidade

Sciurus vulgaris
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Suborde: Sciuromorpha
Familia: Sciuridae
Subfamilia: Sciurinae
Tribo: Sciurini
Waldheim, 1817
Xéneros
Véxase o texto
Microsciurus flaviventer

A dos esciurinos (Sciurini) é un dos cinco tribos nos que se divide a subfamilia homónima dos esciurinos (Sciurinae), mamíferos roedores da suborde dos esciuromorfos e familia dos esciúridos.[2]

Este tribo comprende unhas corenta especies de esquíos,[3] na súa maioría das Américas. Inclúe cinco xéneros viventes: os esquíos ananos americanos, Microsciurus; Rheithrosciurus, de Borneo; os chamados esquíos arbóreos americanos e euroasiáticos do xénero Sciurus, que inclúe algunhas das especies de esquíos máis coñecidas; Syntheosciurus, de América Central, e os esquíos dos piñeiros americanos, Tamiasciurus.

Do mesmo xeito que outros esquíos de habitos arborícolas, ás veces todos eles chámanse "esquíos arbóreos".[4]

O seu xénero tipo é Sciurus Linnaeus, 1758.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A tribo foi descrita en 1817 polo anatomista, entomólogo e paleontólogo alemán, nacionalizado ruso, Gotthelf Fischer von Waldheim, nun traballo publicado en Adversaria zoologica: 408.[2]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Sciurini está formado pola unión dos elementos Sciur- e -ini. O primeiro é a raíz do nome do seu xénero tipo, Sciurus, e o segundo é o sufixo do latín científico empregado para formar os nomes dos tribos de animais.

Xéneros[editar | editar a fonte]

Recoñécense no tribo os seguintes cinco xéneros:[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]