Schwalm-Eder-Kreis
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Alemaña | ||||
| País | Hessen | ||||
| Regierungsbezirk | Rexión de Kassel | ||||
| Capital | Homberg (Efze) | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 180.279 (2012) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 1.538,51 km² | ||||
| Altitude | 181 m | ||||
| Comparte fronteira con | Kassel (pt) Vogelsbergkreis (pt) Marburg-Biedenkopf (pt) Distrito de Hersfeld-Rotenburg Werra-Meißner (pt) Waldeck-Frankenberg (pt) | ||||
| Creación | 1974 | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Winfried Becker (pt) | ||||
| Membro de | |||||
| Código NUTS | DE735 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | schwalm-eder-kreis.de | ||||
O distrito de Schwalm-Eder (en alemán, Schwalm-Eder-Kreis) é un dos 21 distritos do Estado federado de Hessen (Alemaña). Os 21 distritos son resultado da última reorganización do territorio aprobada no primeiro de agosto 1979, tras reverter a proposta da creación dunha macro-cidade bautizada como Lahn resultado da fusión de Gießen e Wetzlar, tras unha moi intensa oposición popular o cambio reverteuse e fixouse na actual división.[1] O distrito de Schwalm-Eder está situado ao norte do estado de Hessen, na rexión de Kassel. O distrito limita ao norte co Distrito de Kassel, ao leste co Distrito de Werra-Meißner e co Distrito de Hersfeld-Rotenburg, ao oeste co Distrito de Waldeck-Frankenberg e co Distrito de Marburg-Biedenkopf, e ao sur co Distrito de Vogelsberg.
Cultura
[editar | editar a fonte]
Lingua
[editar | editar a fonte]Como boa parte do norte de Hessen, o distrito de Schwalm-Eder pertence á rexión dialectal da Baixa Hessen (Dialecto Niederhessische). Non obstante, a proporción de falantes do dialecto está a diminuír: un estudo de 1989 demostrou que a súa proporción reduciuse ao longo dos anos, da metade a un terzo e a un cuarto entre os menores de trinta anos. Segundo o estudo, o vínculo cunha variante rexional do alemán é moito menor en todo o norte de Hessen que no sur. Por tanto, o número de falantes de dialecto diminúe continuamente, e o alto alemán é a lingua dominante. [2]
Para, a pesar de todo, co fin de coidar o dialecto adoptáronse varias medidas: grupos de teatro afeccionado representan obras en baixo hessiano e nalgunhas escolas primarias ensínase o dialecto. Desde os anos 70 as "Directrices Marco de Hesse" para o ensino do alemán pedían explicitamente que se falase en clase (e se escribise no traballo) da maneira en que un crecera. Nos periódicos rexionais como no Hessische/Niedersächsische Allgemeine, publícanse columnas escritas no dialecto, e grupos de tradición centrados no dialecto reúnense e manteñen este intercambio correspondente.[3]
Vilas e concellos
[editar | editar a fonte]- Poboación entre paréntese (segundo datos do 27 de outubro de 2025).[4]
|
Vilas
|
Concellos |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Die Gebiets- und Funktionalreform in Hessen unter besonderer Lahn". brill.com. Consultado o 2025-10-24.
- ↑ "KENNTNIS UND VERWENDUNG DER DEUTSCHEN SPRACHE" (PDF). bund-bergstrasse.de. Consultado o 2025-10-24.
- ↑ "Ei horsche se mal!". deutschlandfunkkultur.de. Consultado o 2025-10-27.
- ↑ "SCHWALM-EDER-KREIS". www.citypopulation.de. Consultado o 2025-10-27.
