Matthias Jakob Schleiden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Schleiden»)
Infotaula de personaMatthias Jakob Schleiden

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de abril de 1804 Editar o valor em Wikidata
Hamburgo Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xuño de 1881 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Frankfurt Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Frankfurt am Main (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rector of the University of Jena (en) Traducir
outubro de 1861 – abril de 1862
Rector of the University of Jena (en) Traducir
abril de 1859 – outubro de 1859
Catedrático
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeHamburgo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Jena
Universidade de Gotinga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioloxía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Jena Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbiólogo , filósofo , botánico , profesor universitario , fisiólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Frankfurt
Universidade de Ciencias Aplicadas RheinMain
Universidade de Jena
Imperial University of Dorpat (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoKarl Eugen von Mercklin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Abreviación dun autor en botánicaSchleid. Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsKarl Heinrich Schleiden (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesRudolf Schleiden (pt) Traducir (curmán entregue) Editar o valor em Wikidata

IMSLP: Category:Schleiden,_Matthias_Jakob Editar o valor em Wikidata

Matthias Jakob Schleiden, nado en Hamburgo o 5 de abril de 1804 e morto en Francoforte do Meno o 23 de xuño de 1881, foi un célebre botánico alemán autor, xunto ao seu compatriota e amigo o fisiólogo Theodor Schwann, da teoría celular.

Un ano despois de que Schleiden publicara a súa teoría celular das plantas, o Schwann estendeuna aos animais, unificando así a botánica e a zooloxía baixo unha teoría común.

Schleiden foi un dos primeiros científicos alemáns en adherirse ás teses evolucionistas de Charles Darwin.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de estudar dereito en Heidelberg desde 1824, en 1826 obtén o grao de doutor. Comezou a traballar como avogado en Hamburgo, pero despois dun curto período cambia e, desde 1832, estuda ciencias naturais, especialmente o que verdadeiramente o apaixonaba, a botánica, na universidade de Gotinga.

Die Entwickelung der Meduse (O desenvolvemento das medusas), da obra Das Meer (O mar), de Schleiden.

En 1835 vai a Berlín a estudar na universidade co seu tío, o botánico Johann Horkel, que o anima a estudar embrioloxía.

En Berlín traballa no laboratorio de Johannes Müller, xunto con Theodor Schwann, do que se fixo moi amigo.

Obtén o grao de doutor en filosofía (medicina) na universidade de Jena en 1839, sendo nomeado o ano seguinte profesor asociado de botánica na Facultade de Medicina desta universidade, na que foi profesor até 1862.

Despois, entre 1863 e 1864, foi profesor de antropoloxía na universidade de Dorpat, (Tartu, Estonia) e despois de 1864 profesor privado en Dresden, Darmstad, Wiesbaden e Frankfurt.

En 1844 fundou, con Carl Nägeli a Zeitschrift für wissenschaftliche Botanik.

Home de carácter polémico, burlouse dos botánicos do seu tempo, que se limitaban a nomear e describir as plantas, e en responder a preguntas de taxonomía.

Contrariamente aos botánicos da época, Schleiden utiliza principalmente o microscopio para estudar os vexetais,[1] e concibiu a idea de que estaban compostos por unidades recoñecíbeis ou células, destacando a importancia do núcleo celular, descuberto polo botánico escocés Robert Brown (1773-1858), e o seu papel na división celular.

No seu libro Beiträge zur Phytogenesis (Contribucións á fitoxénese, 1838), afirma que o crecemento das plantas se produce pola xeración de células novas que, segundo as súas especulacións, propagaríanse a partir dos núcleos celulares das vellas.

Aínda que posteriores descubrimentos mostraron o seu erro respecto ao papel do núcleo na mitose ou división celular, o seu concepto de célula como unidade estrutural común a todas as plantas, tivo o efecto de atraer a atención dos científicos cara aos procesos vitais que se producían a nivel celular.

Obra[editar | editar a fonte]

Entre as súas publicacións destacan:

  • "Einige Blicke auf die Entwicklungsgeschichte des vegetabilischen Organismus bei den Phanerogamen", in Archiv für Naturgeschichte 3, páxs. 289-320. (1837).
  • "Beiträge zur Phytogenesis" in Archiv für Anatomie, Physiologie und wissenschaftliche Medicin (1838), páxs. 137-176.
  • Grundzüge der wissenschaftlichen Botanik nebst einer methodologischen Einleitung als Anleitung zum Studium der Pflanze (Part 1-2) (2 volumes, 1842-1843). Leipzig: Müller.
  • "Ueber die Wichtigkeit des Mikroskops in allen Zweigen der Naturwissenschaft" in Archiv der Pharmacie, eine Zeitschrift des Apotheker-Vereins in Norddeutschland, 87, páxs. 68-82, 291-310. (1844).
  • Die Bedeutung der Juden für den Erhaltung und Weiderbelebung der Wissenschaften (1877).
  • Die Pflanze und ihr Leben. Populäre Vorträge. Leipzig: Engelmann. (1848).
  • Grundzüge der wissenschaftlichen Botanik (1861).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Foi el quen animou a Carl Zeiss (1816-1888) a producir microscopios de maneira industrial.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Olaf Breidbach, Uwe Hoßfeld, Ilse Jahn & Andrea Schmidt (2004):: Matthias Jacob Schleiden (1804-1881). Schriften und Vorlesungen zur Anthropologie. Stuttgart: Franz Steiner Verlag. ISBN 3-515-08542-4

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Max Planck Institute for the History of Science, Berlin