Saltar ao contido

Saximi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saximi
Gastronomía do Xapón Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Subclase de
 Parte de
 Nome orixinal
刺身 (ja) Editar o valor en Wikidata
 Gastronomía
Características
 Material / ingrediente
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
TasteAtlassashimi Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0cjyd Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Prato de saximi.
Saximi á venda nun supermercado.
Saximi tradicional.

O saximi[1] (en xaponés: 刺身 sashimi, en chinés: 膾 kuai, en coreano: 회/膾 hoe) é un prato xaponés que consiste principalmente en mariscos ou peixes crús, cortados finamente, aínda que non tanto como un carpaccio.

Sérvese xunto a eles unha salsa (como salsa de soia, que é moi salgada, con wasabi, un condimento xaponés moi picante, ou ben salsa ponzu) e un aderezo simple como ravo daikon relado. O habitual é que os ingredientes se sirvan en cru, aínda que algúns se cociñan un pouco, como o polbo que se ferve lixeiramente. Menos frecuentes, aínda que non por iso descoñecidos, son os saximis vexetarianos como o yuba (xudías de pel callada), ou de carnes vermellas crúas de vacún ou de cabalo.

O nome saximi vén da cola de peixe que se puña xunto ás rebandas, de maneira que se puidese recoñecer de que tipo era.

Adóitase servir con rebandas pequenas de xenxibre en conserva, que se inxeren entre un tipo de saximi e outro, é dicir cando se vai cambiar de sabor. Os liscos pódense tomar sós ou mollados na salsa.

Poderíase dicir, simplificando, que o saximi é semellante ao suxi pero sen arroz, aínda que o repertorio de ingredientes do suxi é moito máis amplo, incluídos vexetais, tales como o cogombro, ou tortilla etc.

Saximi é o nome que denomina a calidade de peixes como atún, peixe espada, marraxo etc., entre outros, e consiste en ultra conxelar o peixe por baixo de - 60 graos centígrados para conservar todas as súas propiedades.

  1. González González, Manuel; Veiga Mateos, Inés; Hortas, Sandra Romarís; Lema, María Jesús Paz; Míguez, Marta Duyos; González González, Manuel; Veiga Mateos, Inés; Hortas, Sandra Romarís; Lema, María Jesús Paz (2012). Dicionario de alimentación e restauración: galego-castelán-inglés (PDF). Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. p. 223. ISBN 978-84-453-5056-0.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]