Savka Dabčević-Kučar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSavka Dabčević-Kučar

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de decembro de 1923 Editar o valor em Wikidata
Korčula, Croacia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte6 de agosto de 2009 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Zagreb, Croacia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMirogoj, Division RKT, site 5, #29 45°50′10″N 15°59′09″L / 45.83602, 15.98577 Editar o valor em Wikidata
Primeiro ministro de Croacia
11 de maio de 1967 – 8 de maio de 1969
Deputado no Parlamento da Croácia (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCroacia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Zagreb (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista , profesora universitaria , Comisario político , política , primeira ministra Editar o valor em Wikidata
Partido políticoLiga dos Comunistas da Iugoslávia (pt) Traducir
League of Communists of Croatia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua croata Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 172928620 Editar o valor em Wikidata

Savka Dabčević-Kučar, nada en Korčula o 6 de decembro de 1923 e finada en Zagreb o 6 de agosto de 2009, foi unha política croata. Foi unha das políticas croatas máis influentes durante o período comunista, especialmente durante a primavera croata cando foi destituída. Volveu á política durante os primeiros días da independencia de Croacia como líder da Coalición de Acordo Popular e do Partido Popular Croata. De 1967 a 1969 actuou como presidenta do V Consello Executivo (Primeira Ministra) da República Socialista de Croacia, unha das oito repúblicas e provincias autónomas constituíntes da República Federal Socialista de Iugoslavia. Foi a primeira muller de Europa en ser nomeada xefa de goberno dunha entidade política e a primeira muller na Croacia posterior á segunda guerra mundial en ocupar un cargo equivalente a un xefe de goberno.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Savka Dabčević naceu no entón Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos. Durante a segunda guerra mundial, uniuse aos partisanos iugoslavos, ao Partido Comunista de Iugoslavia (KPJ) e ao Partido Comunista de Croacia (KPH) en 1943. En 1944, foi trasladada ao campo de refuxiados de El Shatt. En 1946 matriculouse nos estudos de economía na Universidade de Zagreb e dous anos máis tarde trasladouse á Universidade de Leningrado, volvendo para completar os seus estudos en Zagreb en 1949 tras a ruptura entre Tito e Stalin.[1] Casou con Ante Kučar en 1951.

Dabčević-Kučar recibiu un doutoramento en economía pola Universidade de Zagreb en 1955. Converteuse en membro do comité central da Liga dos Comunistas de Croacia (SKH, anteriormente coñecida como KPH) en 1959. Dous anos máis tarde, recibiu unha bolsa da Fundación Ford e estudou desenvolvemento económico e planificación rexional nps Estados Unidos e Francia. En 1963, foi nomeada membro do grupo de traballo do SKH formado para desenvolver unha proposta de reformas económicas. En 1965 converteuse en profesora na Facultade de Economía da Universidade de Zagreb.[1]

Dabčević-Kučar entrou no centro da atención pública a finais da década de 1960 como membro dunha xeración máis nova e reformista dos líderes da Liga dos Comunistas de Iugoslavia. Coa tácita bendición de Josip Broz Tito, ela e Miko Tripalo convertéronse nos líderes do SKH. En 1967 converteuse na Presidenta do Consello Executivo (Primeira Ministra) da República Socialista de Croacia, república constituínte da RFS de Iugoslavia, o que lle outorgou a distinción de ser a primeira muller xefa de goberno dunha entidade política en Europa.

Carreira[editar | editar a fonte]

A finais da década de 1960, o partido adoptou un novo rumbo esixindo unha maior autonomía para Croacia dentro de Iugoslavia e liberdades para o pobo. A súa política, propagada a través de concentracións masivas, converteuse nun movemento máis tarde chamado Primavera Croata, sendo unha das revolucións estudantís do 68. En consecuencia, Dabčević-Kučar converteuse nunha das líderes políticas máis populares da época, sendo chamada cariñosamente "Savka, raíña dos croatas".

Non todos estaban contentos co novo curso. As manifestacións abertas do nacionalismo croata crearon tensións en áreas etnicamente mixtas, que serviron de argumento para o Exército Popular Iugoslavo e para os elementos máis conservadores do partido que querían que o movemento fose suprimido. Ao mesmo tempo, a dirección croata tamén foi desafiada por un movemento estudantil con reivindicacións aínda máis radicais.

En decembro de 1971, Tito celebrou unha conferencia de liderado do partido en Karađorđevo, Serbia, e volveuse publicamente contra a Primavera Croata en forma de "crítico camaradeiro" (unha forma comunista interna de criticar abertamente os membros do seu partido cando eles, segundo a opinión da maioría, non seguen "a liña do partido"). Isto levou a Dabčević-Kučar a responder á crítica, (publicada nos xornais durante decembro) aceptando todas as críticas, agás as que pretendían mostrala como nacionalista e inimiga do sistema de autogoberno socialista, ao que manifestou publicamente á súa lealdade. Renunciou ao Comité Central do Partido Comunista Croata e, finalmente, á vida pública. Foi substituída por Milka Planinc.

Cando finalmente chegou a Croacia a democracia multipartidista, Dabčević-Kučar e Tripalo volveron ao escenario público, utilizando a súa reputación acumulada durante moito tempo. Negáronse a avalar un só partido senón que pola contra iniciaron a formación dunha ampla coalición moderada chamada Coalición de Acordo Popular. A coalición non logrou un grande impacto nas eleccións de 1990, e a maioría optou por Franjo Tuđman e o seu partido Unión Democrática Croata.

Co desmoronamento da coalición, Dabčević-Kučar e Tripalo formaron o seu propio partido, o Partido Popular de Croacia (HNS) a finais de 1990. Este novo partido tiña a intención de atraer os moderados e tiña grandes esperanzas para as eleccións presidenciais e parlamentarias de 1992, sendo percibido como o partido de oposición máis forte de Croacia.

Como candidata presidencial, Savka Dabčević quedou terceira por detrás de Dražen Budiša. O HNS negouse a formar coalicións con outros partidos da oposición, permitindo á gobernante Unión Democrática Croata gañar algunhas circunscricións con menos da quinta parte de todos os votos. Co partido humillado e case creabdo tras unha campaña fastuosa aínda que ineficaz, a anciá Dabčević-Kučar deixou a dirección do partido ao máis novo Radimir Čačić.

Faleceu en Zagreb aos 85 anos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]