Satya Nadella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSatya Nadella

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(te) సత్య నాదెళ్ల
(hi) सत्यनारायण नडेला Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de agosto de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Hyderabad, India Editar o valor em Wikidata
Director executivo Microsoft
4 de febreiro de 2014 –
← Steve Ballmer Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBellevue (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeIndia Editar o valor em Wikidata
RelixiónTaoísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónManipal Institute of Technology (en) Traducir - Bachelor of Engineering (en) Traducir
Alva's Institute of Engineering and Technology (en) Traducir
University of Chicago Booth School of Business (pt) Traducir - Mestrado en administración de negocios
University of Wisconsin–Milwaukee (en) Traducir - ciencias da computación
Manipal University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAdministración de empresas, indústria de software (pt) Traducir e enxeñaría eléctrica Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Andra Pradex
Bellevue (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndirector executivo (2014–), empresario , enxeñeiro , informático teórico , xerente , electrotechnician (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1992 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorMicrosoft (1992–)
Sun Microsystems Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua telugu e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
22 de maio de 2022World Economic Forum Annual Meeting 2022 (en) Traducir
20 de xaneiro de 2020World Economic Forum Annual Meeting 2020 (en) Traducir
22 de xaneiro de 2019Encontro Anual do Forum Económico Mundial de 2019
23 de xaneiro de 2018World Economic Forum Annual Meeting 2018 (en) Traducir
17 de xaneiro de 2017World Economic Forum Annual Meeting 2017 (en) Traducir
20 de xaneiro de 2016World Economic Forum Annual Meeting 2016 (en) Traducir
21 de xaneiro de 2015World Economic Forum Annual Meeting 2015 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webnews.microsoft.com… Editar o valor em Wikidata
Twitter: satyanadella LinkedIn: satya-nadella-3145136 Editar o valor em Wikidata

Satya Nadella (en telugu: సత్య నాదెళ్ల;), nado en Hyderabad o 19 de agosto de 1967, é un empresario indio, o actual director executivo (CEO) de Microsoft. Foi nomeado CEO o 4 de febreiro de 2014 por Bill Gates, sucedendo a Steve Ballmer.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Nadella obtivo unha licenciatura en Ciencias da Computación pola Universidade de Wisconsin-Milwaukee e un MBA pola Booth School of Business da Universidade de Chicago.[2]

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Satya Nadella traballou con Sun Microsystems como membro do seu equipo tecnolóxico antes de unirse a Microsoft en 1992.[3] Foi o antigo vicepresidente de computación na nube (cloud) de Microsoft. Dirixiu ferramentas de desenvolvemento e servizos na nube como Windows Azure, Windows Server, SQL Server, Visual Studio e System Center dos que dependían para funcionar servizos como Bing, SkyDrive (actualmente OneDrive), Xbox Live e Skype. Tamén foi vicepresidente de Investigación e Desenvolvemento da División de Servizos en liña e Vicepresidente da División de Negocios.[4]

"O risco de irrelevancia é o principal desafío ao que se enfrontará Nadella como CEO de Microsoft. A empresa corre este risco no mercado da mobilidade, porque aínda está moi asociado aos ordenadores e servidores, que cada vez teñen menos importancia para os consumidores”, sinalou James Staten, vicepresidente da consultora Forrester Research, á páxina web de VEJA.[5] "Despois de que Nadella se incorporase aos servizos na nube, Microsoft obtivo excelentes resultados porque rapidamente introduciu versións máis modernas dos seus servizos principais (...) Unha característica de Nadella é investigar moito antes de optar por un camiño. Despois diso, non retrocede".[5]

Entre os principais éxitos de Nadella está a substitución de Hotmail por Outlook.com, que tivo lugar en agosto de 2013. Segundo Microsoft, Outlook.com é o servizo de correo electrónico de máis rápido crecemento no mundo, con máis de 400 millóns de usuarios rexistrados.[6]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En 1992, Satya Nadella casou con Anupama, estudante de Arquitectura.[7] A parella tivo un fillo e dúas fillas, e viviron en Clyde Hill e Bellevue no Estado de Washington.[8] [9] O seu fillo Zain era cego e tetrapléxico con parálise cerebral.[10] Zain morreu en febreiro de 2022, aos 26 anos.[11]

Desde rapaz, Nadella ten unha paixón polo crícket, xa que xogou no seu equipo escolar.[12] El e a súa esposa Anupama son co-propietarios do Seattle Sounders FC, un club da Major League Soccer.[13]

Nadella é un ávido lector de poesía americana e india. Escribiu un libro titulado Hit Refresh que explora a súa vida, a súa carreira en Microsoft e como cre que a tecnoloxía dará forma ao futuro. Anunciou que os beneficios do libro irían a Microsoft Philanthropies e, mediante iso, a organizacións sen ánimo de lucro.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. G1, Do; Reuters, com informações da (2014-02-04). "Indiano Satya Nadella é o novo presidente-executivo da Microsoft". Tecnologia e Games (en portugués). Consultado o 2023-02-04. 
  2. "10 Things to Know About Satya Nadella, Microsoft's New CEO". Time. 4 de fevereiro de 2014.
  3. Satya Nadella é o novo CEO da Microsoft - CRN Arquivado 09 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. (en portugués)
  4. "Satya Nadella é o novo CEO da Microsoft". exame.com. Consultado o 2023-04-15. 
  5. 5,0 5,1 "Com novo CEO, Microsoft tem que encarar mundo pós-PC". VEJA.com (en portugués). 
  6. "Microsoft completa migração do Hotmail para o Outlook.com - Tecnoblog". Tecnoblog (en portugués). 2013-05-02. 
  7. "Satya Nadella: Indian American business executive and CEO of Microsoft (born: 1967) ; Biography". peoplepill.com. Consultado o 2023-02-05. 
  8. Zap, Claudine (14 de xaneiro de 201 6). "Unha descarga rápida na casa de 3,5 millóns de dólares do CEO de Microsoft, Satya Nadella, en Washington". Realtor.com. Consultado o 14 de maio de 2016. 
  9. Drusch, Andrea (2 abril 2014). "10 cousas que debes saber: Satya Nadella [satya-nadella-biography-key-facts-career-background -microsoft]". Politico.com. Arquivado dende o orixinal o 2 de marzo de 2014. 
  10. Seattle Times, ed. (22 de marzo de 2020). "Satya Nadella, CEO de Microsoft, aos empregados sobre a crise do coronavirus: "Non hai un manual para isto"". Consultado o 30 de xullo de 2020. 
  11. "Microsoft di que o fillo do CEO Satya Nadella morreu". finance.yahoo.com (en inglés). Consultado o 2022-03-01. 
  12. "Todo por amor: cando o CEO de Microsoft, Satya Nadella, entregou a súa tarxeta verde para a esposa Anu [all- for-love-when-satya-nadella-surrendered-his-green-card-for-h1-b-visa]". Firstpost.com (en inglés). 26 de setembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2017. Consultado o 5 de novembro de 2017. 
  13. "Russell Wilson, Ciara, Macklemore, Microsoft CEO Satya Nadella and more join Sounders ownership". The Seattle Times (en inglés). 2019-08-13. Consultado o 2023-02-05. 
  14. "Satya Nadella, CEO de Microsoft, está a escribir un libro chamado Hit Refresh". The Verge. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2017. Consultado o 2017-04-24.