Sarubobo
Un sarubobo é un amuleto xaponés, normalmente relacionado coa cidade de Takayama na prefectura de Gifu. Os sarubobos son bonecos con forma humana, sen trazos faciais e feitos e multitude de tamaños. Tradicionalmente as avoas fan sarubobos para os seus netos como xoguetes e para as súas fillas como feitizo de bo casamento, bos fillos e para asegurar un parella correcta.
O nome "sarubobo"
[editar | editar a fonte]A tradución literal do xaponés de sarubobo é "bebé mono". A palabra xaponesa para mono é "saru" e outra forma de decilo é "en".
Hai varias razóns polas que o amuleto ten este nome. O sarubobo asóciase con tres desexos;
- Protección perante as cousas malas.
En xaponés a palabra galega "marchar" tradúcese como "saru", po-lo que ter un sarubobo significa que as cousas malas "saru" (marcharán)
- Un fogar feliz, un acerto.
En xaponés un fogar feliz dise "kanai eman", un acerto é "ryoen"
- Ter un parto sinxelo.
O nacemento dos monos é sinxelo.
O rostro do sarubobo é tradicionalmente vermello, como o rostro dos bebés mono.
Por que o sarubobo non ten cara
[editar | editar a fonte]Os bonecos sarubobo e outros feitizos no teñen trazos faciais. As razóns son confusas, pero hai algunhas hipóteses. Unha destas hipóteses é que, orixinariamente, os sarubobos facíanse con retrincos sobrantes por parentes, polo que non había necesidade de que foran moi exactos.
Outra hipótese é que a ausencia de rostro permite ó posesor imaxinalo. Entón, cando o dono está triste, poden imaxinar o seu sarubobo triste tamén.
O sarubobo moderno
[editar | editar a fonte]Na actualidade os sarubobos son un popular souvenir en Takayama e pódense conseguir en moi diferentes cores e formas nas tendas de recordos. Incluso hai unha boneca Hello Kitty vestida como un sarubobo.
As diferentes cores dos sarubobos están asociadas con diferentes desexos;
- Sarubobo azul - sorte nos estudos e no traballo
- Sarubobo rosa - sorte no amor
- Sarubobo verde - sorte na saude
- Sarubobo amarelo - sorte co diñeiro
Tamén hai un sarubobo cunha forma distinta chamado "tobibobo".