Sarigüé común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sarigüé común
Didelphis marsupialis
Rabipelao.jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Bilateria
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Infraclase: Marsupialia
Magnorde: Ameridelphia
Orde: Didelphimorphia
Familia: Didelphidae
Subfamilia: Didelphinae
Tribo: Didelphini
Xénero: Didelphis
Especie: D. marsupialis
Nome binomial
Didelphis mrsupialis
Linnaeus, 1758
Mapa de distribución de Didelphis marsupialis

Mapa de distribución de Didelphis marsupialis
Subespecies
Véxase o texto

A sarigüé suramericana ou sarigüé común[2] (Didelphis marsupialis) é unha especie de mamífero marsupial didelfimorfo da familia dos didélfidos,[3] propia do sueste de Norteamérica (sueste de México), toda a América Central e o norte de Sudamérica.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita por vez primeira por Linné en 1758, na páxina 54 do primeiro volume da 10ª edición do seu Systema Naturae.[3]

Subespecies[editar | editar a fonte]

Segundo Mammal Species of the World,[3] e o Catalogue o Life,[4] na actualidade recoñécense as seguintes dúas subespecies:

  • Especie Didelphis marsupialis Linnaeus, 1758
    • Subespeie Didelphis marsupialis caucae J. A. Allen, 1900
    • Subespecie Didelphis marsupialis marsupialis Linnaeus, 1758

Nomenclatura[editar | editar a fonte]

O nome xenérico, Didelphis, deriva do grego antigo: do elemento δí- dí-, de δύο dýo, "dous", e o termo δελφυς dělphys, "útero", "matriz".[5]

O específico, marsupialis, pola súa banda, deriva do adxectivo do latín científico marsūpialis, tirado do substantivo do latín clásico marsūpium, -ii, "a bolsa do diñeiro" en alusión ao marsupio propio destes animais.

Características e comportamento[editar | editar a fonte]

É unha das sarigüés máis grandes (aínda que algo menor que a norteamericana, xa que pode chegar a medir entre 45 e 60 cm de lonxitude, e pode pesar máis de 20 kg.

Trátase dun animal xeralista, con hábitos alimenticios de tipo omnívoro. Aliméntase principalmente de aves, sendo a súa presa máis común a galiña.[Cómpre referencia]

Distribución[editar | editar a fonte]

A sarigüé común distribúese polo centro, leste e sueste de México, por toda a América Central (incluídas as Antillas[Cómpre referencia]), algúns países andinos (Colombia, Ecuador, Perú e Bolivia), Venezuela, Güiana e o noroeste do Brasil.

Estado de conervación[editar | editar a fonte]

A UICN, cualificou en 2008 o estado da especie como LC (pouco preocupante) debido, entre outras razóns, á súa ampla área de distribución, á súa presumibelmente gran poboación, á súa tolerancia ás modificacións do seu hábitat e a que está presente en numerosa zonas protexidas.[6]

Aínda que a esta sarigüé é cazada e atrapada con garamelos nalgunhas localidades para consumir como alimento, como actividade deportiva ou para protexer ás aves de curral, a especie non semella que fora afectada adversamente polos asentamentos humanos.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cuarón, A.D., Emmons, L., Helgen, K., Reid, F., Lew, D., Patterson, B., Delgado, C. & Solari, S. (2008). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Proposta neolóxica en galego difundida por Termigal
  3. 3,0 3,1 3,2 `Didelphis virginiana en Wilson & Reeder (eds.) (2005): Mammal Species of the World.
  4. Didelphis marsupialis Linnaeus, 1758 en Species 2000 - ITIS - Catalogue of Life: 21st April 2015.
  5. Day, Leslie (10 May 2013). Field Guide to the Natural World of New York City. JHU Press. p. 225. ISBN 978-1-4214-1149-1. 
  6. 6,0 6,1 Brito, D.; Astua de Moraes, D.; Lew, D.; Soriano, P.; Emmons, L.; Cuarón, A. D.; Helgen, K.; Reid, R. & Vazquez, E. [asesores] (2008): Didelphis marsupialis na Lista vermella de especeies ameazadas da UICN. Versión 2014.3

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]