Nacionalismo sardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sardismo»)
Bandeira de Sardeña anterior a 1999; semellante á bandeira tradicional de Córsega.
Localización de Sardeña.

O nacionalismo sardo (en sardo: natzionalismu sardu) ou tamén sardismo (en sardo: sardismu) é un movemento social, cultural e político en Sardeña que pide a autodeterminación do pobo sardo nun contexto de devolución nacional, co obxectivo de conseguindo maior autonomía ou mesmo a independencia completa respecto de Italia. Tamén promove a protección da natureza da illa e a preservación da súa herdanza cultural.

Aínda que a illa se caracterizou por ondas periódicas de protestas etnonacionalistas contra o goberno italiano en Roma,[1] o movemento sardo ten as súas orixes na esquerda do espectro político;[2][3] o rexionalismo e os intentos de autodeterminación dos sardos foron contrarrestados historicamente co nacionalismo e o fascismo italianos centrados en Roma (que finalmente lograron conter as tendencias autonomistas e separatistas).[4] Co paso dos anos, xurdiron moitos partidos sardistas de diferentes orixes ideolóxicas (mesmo de dereitas e de centro), todos en minoría, e algúns deles formando coalicións de goberno de xeometría variable cos partidos italianos de todo o estado. Por exemplo, iso tamén ocorreu nas eleccións rexionais de Sardeña de 2014,[5] onde o resultado conxunto de todos os partidos nacionalistas foi do 26% dos votos.

Notas[editar | editar a fonte]