Saltar ao contido

Sarah Mkhonza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSarah Mkhonza
Biografía
Nacemento7 de maio de 1957 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Siphofaneni Editar o valor en Wikidata
EducaciónIllinois State University (en) Traducir
Universidade Estatal de Míchigan Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, activista polos dereitos humanos, lingüista, profesor de educación superior, xornalista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Stanford
Universidade Cornell
Universidade de Boston
Universidade de Eswatini Editar o valor en Wikidata
Premios

Sarah Mkhonza, nada en Siphofaneni (distrito de Lubombo) o 7 de maio de 1957, é unha escritora e activista a favor dos dereitos da muller de Eswatini. Reside nos Estados Unidos de América.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Doutorouse pola Universidade Estatal de Míchigan. Traballou como xornalista no The Swazi Sun e The Observer, e ensinou inglés e lingüística na Universidade de Suazilandia. Debido á censura e a persecución, en 2005 solicitou asilo político nos Estados Unidos.[1]

Cofundou a Asociación de Mulleres Africanas e o Grupo de Fondos de Libros Africanos na Universidade Estatal de Míchigan. Foi docente no Centro de Estudos e Investigacións Africanas na Universidade Cornell, na Universidade de Boston e na Universidade Stanford.[2] En 2002 recibiu o Premio Hammett-Hellman de Human Rights Watch. Recibiu tamén o premio Oxfam Novib/PEN.[3]

  • What the future holds (1989)
  • Pains of a Maid (1989)
  • Two Stories (2007)
  • Woman in a Tree (2008)
  • Weeding the Flowerbeds (2008)
  1. ↑ "Sarah Mkhonza: Fighting For Swaziland". The Culture Trip. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2019. Consultado o 22 de agosto de 2019.
  2. ↑ "Sarah Mkhonza". Ithaca City of Asylum.
  3. ↑ "Dissident and novelist from African autocracy finds sanctuary at Cornell". Cornell Chronicle. 12 de setembro de 2006.