Sarah Miles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSarah Miles

(1980) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de decembro de 1941 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Ingatestone, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónRoyal Academy of Dramatic Art - Actuación (–1960)
Roedean School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeatro, filme, Televisión e literatura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz , actriz de cinema , actriz de teatro , escritora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1961 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRobert Bolt (1988–1995)
Robert Bolt (1967–1975) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0587234 Allocine: 729 Rottentomatoes: celebrity/sarah_miles Allmovie: p49123 TCM: 131561 IBDB: 69945 Editar o valor em Wikidata

Sarah Miles, nada en Ingatestone, Essex, o 31 de decembro de 1941, é unha actriz inglesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Miles asistiu primeiro á escola de Roedean e a outras tres escolas, mais foi expulsada de todas.[1] Aos quince anos matriculouse na Royal Academy of Dramatic Art. Despois de graduarse debutou no cinema en 1962 como Shirley Taylor en Term of Trial,[2] protagonizado con Laurence Olivier, con quen mantivo unha breve relación. Nos seguintes anos, Miles converteuse nunha recoñecida actriz do cinema británico polos seus papeis nos filmes The Servant (Joseph Losey, 1963) e Ampliación (Michelangelo Antonioni, 1966).[2]

Tras actuar en varios filmes entre 1966 e 1969, foi escollida para o papel de Rosy Ryan, filla de Tom Ryan no filme de David Lean de 1970 Ryan's Daughter. A súa interpretación valeulle unha candidatura ao Óscar á mellor actriz.

En 1973, mentres participa na rodaxe do filme The Man Who Loved Cat Dancing, un antigo amante seu e aspirante a guionista, David Whiting, faleceu en circunstancias misteriosas.[3] Durante ese mesmo período, Miles tivo unha relación Burt Reynolds, con quen protagonizaba o filme.[4] Tamén en 1973 protagonizou xunto a Robert Shaw o filme The Hirelling dirixido por Alan Bridges, baseado na novela homónima de L. P. Hartley, que gañou a Palma de Ouro do Festival de Cannes daquel ano.

Desde 1973, Miles foise retirando durante períodos para só aparecer nalgúns filmes ou programas de televisión, como na obra Well, nos Trafalgar Studios e no Teatro Apollo de Londres, con Natalie Casey.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Miles estivo casada en dúas ocasións co dramaturgo Robert Bolt (de 1967 a 1975 e de 1988 a 1995).[5] Bolt escribiu e dirixiu o filme Lady Caroline Lamb,[6] en que Miles interpretaba a heroína homónima. Bolt tamén foi o guionista de Ryan's Daughter.

Sarah Miles é irmá do director de cinema, produtor e guionista Christopher Miles.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme Personaxe Notas
1962 Term of trial Shirley Taylor Candidata ao BAFTA á mellor debutante
1963 The Servant Vera Candidata ao BAFTA á mellor actriz
The Ceremony Catherine
1965 Those Magnificent Men in their Flying Machines Patricia Rawnsley
I Was Happy Here Cass Langdon Also known as Time Lost and Time Remembered
1966 Ampliación Patricia
1970 Ryan's Daughter Rosy Ryan Candidata ao Óscar á mellor actriz
Candidata ao BAFTA á mellor actriz
Candidata ao Globo de Ouro á mellor actriz - Drama
1972 Lady Caroline Lamb Lady Caroline Lamb
1973 The Hireling Lady Franklin
The Man Who Loved Cat Dancing Catherine Crocker
1974 Great Expectations Estella
1975 Bride to Be Pepita Jiménez
1976 The Sailor Who Fell from Grace with the Sea Anne Osborne Candidata ao Globo de Ouro á mellor actriz - Drama
1978 The Big Sleep Charlotte Sternwood
1981 Priest of Love Film Star
Venom Dr. Marion Stowe
1984 Ordeal by Innocence Mary Durant
1985 Steaming Sarah
1986 The Harem Lady Ashley [7]
1987 Esperanza e gloria Grace Rowan Candidata ao BAFTA á mellor actriz
White Mischief Alice de Janzé
1992 The Silent Touch Helena
2001 Days of Grace Sissi, La Madre
Jurij Martina, directora clínica
2003 The Accidental Detective Smeralda Mazzi Tinghi

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Barry Egan "I can't wait to get off this planet", The Independent (Ireland), 16 de setembro de 2007 arquivado o 13 de abril de 2010
  2. 2,0 2,1 David Thomson A New Biographical Dictionary of Film, Londres: Little Brown, 2002, p.594
  3. Christopher Hastings "Sarah Miles: Sex, Spooks and Steven Spielberg", The Sunday Telegraph, 7 de setembro de 2008
  4. Ron Rosenbaum, The Secret Parts of Fortune
  5. Calder, John (23 de febreiro de 1995). "Obituary: Robert Bolt". The Independent. Consultado o 6 de febreiro de 2012. 
  6. Movies: Bolt of lighting hits the screen... Martin, James. Chicago Tribune, 4 de marzo de 1973: e10.
  7. VHS Tape – 1992 R&G VIDEO L.P. Sherman Oaks, CA 91403. ISBN 1-56068-536-0

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]