Sarah Mather

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sarah Mather
Nacemento1796
Falecemento21 de xuño de 1868
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupacióninventora
editar datos en Wikidata ]

Sarah Mather nada en 1796 e finada o 21 de xuño de 1868,[1] foi unha inventora. En 1845 obtivo a patente para un modelo de periscopio submarino dotado dunha lámpada.[2] Perfeccionou o seu invento e en 1864 obtivo unha nova patente para a mellora.[3]

A natureza da miña invención consiste na construción dun tubo cunha lámpada unida nun extremo do mesmo que pode afundirse na auga para iluminar obxectos con el, e un telescopio para ver os devanditos obxectos e observar por debaixo da auga.

— Sarah P. Mather, no texto da patente[2]

Pouco se sabe da vida de Sarah Mather, nin cando naceu nin cando morreu, na entrada en The Biographical Dictionary of Women in Science sinalan que casou e, polo menos, tivo unha filla.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sarah Mather, lo oculto a la vista". VA DE BARCOS (en castelán). 2020-02-08. Consultado o 2022-06-21. 
  2. 2,0 2,1 USPTO - United States Patent, ed. (16/04/1845). "Sarah P. Mather - Submarine Telescope and Lamp. - U.S. Patent No. 3,995" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2017. The nature of my invention consists in constructing a tube with a lamp attached to one end thereof so to be sunk in the water to illuminate objects therein, and a telescope to view said objects and make examinations under water. 
  3. USPTO - United States Patent, ed. (05/07/1864). "Sarah P. Mather - Improvement in submarine telescopes - U.S. Patent No. US 43,465 A" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  4. The Biographical Dictionary of Women in Science: L-Z By Marilyn Bailey Ogilvie, Joy Dorothy Harvey en Google Books. (en inglés) Consultado o 11 de febreiro de 2017.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2.
  • Palacios, Mercedes (2020). Visionarias. Inventoras desconocidas. Ed. Bridge. ISBN: 9788416670888.

Outros artigos[editar | editar a fonte]