Sara Mesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSara Mesa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1976 Editar o valor em Wikidata (47/48 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSevilla Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional, poesía e Prosa Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , poeta Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela, ficción e conto Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Sara Mesa, nada en Madrid en 1976, é unha escritora e xornalista española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sara Mesa naceu en Madrid en 1976 e trasladouse coa súa familia a Sevilla sendo nena, cidade na que actualmente reside. Estudou xornalismo e filoloxía hispánica.[1]

Os seus inicios literarios centráronse na poesía, que abandonou moi cedo. O seu poemario Este jilguero agenda (2007) foi galardoado co Premio Nacional de Poesía «Fundación Cultural Miguel Hernández».[2] É coñecida fundamentalmente pola súa obra narrativa, cos seus libros de contos La sobriedad del galápago (2008), No es fácil ser verde (2009) e Mala letra (2016)[3] e as súas novelas El trepanador de cerebros (2010), Un incendio invisible (2011, reedición revisada en 2017), Cuatro por cuatro (2013, finalista do Premio Herralde de Novela), Cicatriz, (2015, considerada unha das mellores novelas do ano por xornais como El País, El Mundo, ABC.[4] e Premio Ojo Crítico de Narrativa) e Cara de pan[5] (2018). A súa obra foi traducida nos Estados Unidos, Italia, Holanda, Francia, Alemaña, Grecia, Portugal, Serbia, Dinamarca e Noruega.

Aparece en numerosas antoloxías como Pequeñas resistencias 5. Nuevas voces del cuento español (Páginas de espuma, 2010), Diez bicicletas para treinta sonámbulos (Demipage, 2016), Riesgo (Rata, 2017), Tríos (Anagrama, 2018), Humor negro (La Fuga, 2018) e Tsunami (Sexto Piso, 2019), entre outras.

Tamén é coautora, xunto co escritor Pablo Martín Sánchez, de Agatha (La uÑa RoTa, 2017), onde cada un dos autores escribe a súa versión dunha historia esbozada por Herman Melville.

En 2019 publica Silencio administrativo, un ensaio sobre pobreza, sen teito e prexuízos, así como sobre as trabas burocráticas polas que pasan quen quere saír desta situación, a través da historia real dunha muller pobre.

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

  • 2007 Premio Nacional de Poesía «Fundación Cultural Miguel Hernández», co poemario Este jilguero agenda
  • 2008 XI Edición de Cuentos Ilustrados da Deputación de Badaxoz, co libro de relatos ilustrado La sobriedad del galápago
  • 2011 Premio Málaga de Novela, coa obra Un incendio invisible[6]
  • 2012 Finalista do Premio Herralde de Novela, coa obra Cuatro por Cuatro[7]
  • 2015 Premio Ojo Crítico de Narrativa, por Cicatriz[8]
  • 2017 Premio Literario Arzobispo Juan de San Clemente, por Cicatriz
  • 2021 Premios dos libreiros, na categoría de ficción, pola novela Un amor.[9]

Obras[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • La sobriedad del galápago (2008, Deputación Provincial de Badaxoz)
  • No es fácil ser verde (2009, Everest)
  • El trepanador de cerebros (2010, Tropo Editores)
  • Un incendio invisible (2011, Fundación José Manuel Lara; reeditado en 2017 pola Editorial Anagrama)
  • Cuatro por cuatro (2012, Editorial Anagrama)
  • Cicatriz (2015, Editorial Anagrama)
  • Mala letra (2016, Editorial Anagrama)
  • Cara de pan (2018, Editorial Anagrama)[10]
  • Un amor (2020, Editorial Anagrama)[1]Arquivado 28 de outubro de 2020 en Wayback Machine.

Poemas[editar | editar a fonte]

  • Este jilguero agenda (2007, Devenir)

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Silencio administrativo (Anagrama, 2019)[11]
  • Perder el miedo. Un manual para la vida (Providence/Books, 2020)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ayuso, Bárbara. "Sara Mesa: «Por escribir libros mi opinión no está más cualificada ni es mejor que la de alguien que no escribe»". jotdown.es (en castelán). Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  2. "Este jilguero agenda". Consultado o 23 de setembro de 2018. 
  3. "Sara Mesa: "Si algún día escribo algo realmente bueno, será dentro del cuento"". Consultado o 25 de setembro de 2018. 
  4. "Los 10 mejores libros de 2015". El País. 19 de decembro de 2015. Consultado o 23 de setembro de 2018. 
  5. "Sara Mesa: "La esencia de la literatura es el conflicto, no la perfección ni la belleza"". Consultado o 25 de setembro de 2018. 
  6. "Sara Mesa gana el Premio Málaga con una novela 'oscura y poco complaciente'". 27 de setembro de 2011. Consultado o 14 de agosto de 2016. 
  7. Ana Rodríguez Fischer (20 de abril de 2015). "Conocimiento y corrupción" (en castelán). El País. Consultado o 14 de agosto de 2016. 
  8. "Sara Mesa, premio El Ojo Crítico de RNE de Narrativa por 'Cicatriz' - RTVE.es" (en castelán). 9 de decembro de 2015. Consultado o 14 de agosto de 2016. 
  9. "Sara Mesa, Andrés Trapiello y Sánchez Rosillo, premios de los libreros 2021". www.20minutos.es. 10 de marzo de 2021. 
  10. Jesús, Morillo (23 de setembro de 2018). "Sara Mesa: «Las grandes obras de la literatura están protagonizadas por antihéroes»". ABC. Consultado o 23 de setembro de 2018. 
  11. "Silencio administrativo - Mesa, Sara - 978-84-339-1627-3". Consultado o 22 de outubro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]