Saltar ao contido

Sara Barquinero del Toro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSara Barquinero del Toro
Biografía
Nacemento4 de xaneiro de 1994 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Zaragoza Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Zaragoza - licenciatura en filosofía (2012–2016) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, filósofa Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX6048376 Dialnet: 4571714

Sara Barquinero del Toro, nada en Zaragoza en 1994, é unha filósofa e escritora española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Desde nova Barquinero tivo interese polas letras e as artes. Decidiu estudar filosofía e licenciouse na Universidade de Zaragoza. Despois trasladouse a Madrid, onde realizou un mestrado de Escritura Creativa e Creación Literaria na Escola de Letras Hotel Kafka.[1]

En 2018, o Departamento de Educación, Cultura e Deporte do Goberno de Aragón concedeulle a Bolsa Luis Buñuel que lle permitiu investigar e desenvolver as súas creacións na Residencia de Estudantes de Madrid.[2][3]

Dentro do programa FPU (Formación do Profesorado Universitario) en Filosofía do grupo Metafísica, Crítica e Política da Universidade Complutense de Madrid, iniciou a súa tese doutoral en 2017, sobre o concepto do sublime en Kant e as relacións de tempo e liberdade, que leva por título Las lecturas políticas contemporáneas de la Crítica del Juicio.[2][4]

Creou o proxecto artístico Siebaruaq baseado en tres tipos de traballos: fanzines, caligramas e obxectos literarios. Ademais explora diferentes técnicas, como o colaxe, o dictionary art e o esbozo.[3]

Como Siebaruaq participa en diversos eventos de activismo artístico e tamén pertence ao Colectivo de Artistas en Acción Solidaria de Aragón, cuxo fin é utilizar a arte como medio de expresión e visibilizar as inxustizas e as inquietudes do momento para contribuír ao ben común.[5][6] Colabora coa revista Kalos, de arte e cultura aragonesa.[2]

Como poeta, recibiu en 2019 o premio Voces Novas de poesía da Editorial Torremozas, especializada na literatura escrita por mulleres, principalmente enfocada á poesía, relato curto ou ensaio e no rescate de autoras esquecidas ou pouco coñecidas fóra do seu país.[7]

En 2020 publicou Terminal, unha obra que combina o teatro e a novela, e onde a autora di dela:[8]

Para mín Terminal é unha novela sobre a morte, sexa a morte física e definitiva ou a morte dun horizonte de posibilidade, dunha esperanza, dun intre do presente ou do pasado que non pode volver; ou de cómo a toma de conciencia desta mortalidade pode levar a reformularte a túa propia existencia.

Está traducida ao catalán e publicada polo Grup Editorial Pagès.

Estaré sola y sin fiesta (2021) presentouse como unha novela de amor, aprendizaxe e viaxe por España, baseado en parte no diario que atopou xunto á Canle de Zaragoza.[2]

Na novela La chica más lista que conozco, analiza as relacións asimétricas entre profesores e alumnas na universidade e os abusos de poder .[9] Unha novela na que fálase de relacións de amor descompensadas como sucede en Comerás Flores de Lucía Solla Sobral.[10]

Sara Barquinero escribe poesía, narrativa e teatro, en canto a literatura se refire. Na súa faceta investigadora e académica, participa en congresos, simposios, prologa libros, escribe artigos e outras publicacións filosóficas.[4][11]

  • La chica más lista que conozco. Lumen, 2026. ISBN:9788426433
  • Los Escorpiones, Lumen, 2024. ISBN: 978-84-264-18784
  • Estaré sola y sin fiesta, Lumen, 2021. ISBN 978-84-264-1022-1.
  • Terminal, Editorial Milenio, 2020. ISBN 978-84-9743-898-8.
  • Voces Nuevas (XXXII Selección), (VVAA). Colección Torremozas, 2019. ISBN 978-84-7839-790-7.

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • 2016: Premio ensayo Valores Universales da Fundación Unir.
  • 2017: Premio Virginia Woolf de relato en lengua inglesa.
  • 2018: Premio do IAJ de creación artística e tecnolóxica na modalidade de literatura.
  • 2019: Premio Voces Nuevas de poesía da Editorial Torremozas.
  1. "Sara Barquinero" (en castelán). Consultado o 2021-10-10.
  2. 1 2 3 4 Redacción (2021-04-10CEST12:50:51+02:00). "Guillermo Sáez y Sara Barquinero reciben la beca Luis Buñuel del Departamento de Cultura" (en castelán). Consultado o 2021-10-10.
  3. 1 2 "Sara Barquinero" (en castelán). Consultado o 2021-10-10.
  4. 1 2 "CV abreviado, 2017 (Ministerio de Economía, Industria y Competitividad)" (PDF).
  5. "‘Agrocalypse Now’ en el Espacio Tránsito" (en castelán). Consultado o 2021-10-10.
  6. "CSC Luis Buñuel – Colectivo de Artistas en Acción Solidaria" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2021. Consultado o 2021-10-10.
  7. "Voces nuevas (XXXII Selección)" (en castelán). Consultado o 2021-10-10.
  8. "Cazarabet conversa con... Sara Barquinero, autora de “Terminal” (Milenio)". Consultado o 2021-10-10.
  9. Fanjul, Sergio C. (2026-03-07). "Sara Barquinero, escritora: “Hay cosas que no son delito, pero que deberían impedir tener un cargo público”". El País (en castelán). Consultado o 2026-03-08.
  10. Hernando, Silvia (2026-03-28). "Amor y sexo con desnivel: los libros exploran los claroscuros de las parejas descompensadas por edad, clase o dinero". El País (en castelán). Consultado o 2026-03-28.
  11. Toro, Sara Barquinero del (2019). "Criminales globales. Consideraciones en torno a Capitalismo Gore, de Sayak Valencia": 54–68. ISSN 1699-7549. Consultado o 2021-10-10.