Saltar ao contido

Santuario da Nosa Señora de Lurdes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santuario da Nosa Señora de Lurdes

Tiposantuario mariano e santuario internacional Editar o valor en Wikidata
EpónimoNosa Señora de Lurdes Editar o valor en Wikidata
Parte deruta mariana e Rede Mariana Europea Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 43°05′51″N 0°03′27″O / 43.09748, -0.05752
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsOccitania
DepartamentoAltos Pireneos
Distritodistrito de Argelès-Gazost
Comuna francesaLourdes Editar o valor en Wikidata
Enderezoboulevard de la Grotte Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1858 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Dedicado aNosa Señora de Lurdes Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
DistinciónsRosa de Ouro Editar o valor en Wikidata
Monumento histórico inscrito  
Data21 de setembro de 1995
IdentificadorPA00135471

Marca Patrimonio do século XX  
Composto por
Rosary Basilica (en) Traducir, Basilique de l'Immaculée-Conception de Lourdes (en) Traducir, Basilica of St. Pius X (en) Traducir, Massabielle Grotto (en) Traducir, Église Sainte-Bernadette de Lourdes (en) Traducir e Via Crucis of Lourdes (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBfr.lourdes-france.org Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O Santuario da Nosa Señora de Lurdes[1] é un conxunto de edificios e lugares dedicados ao culto da Virxe María, en Francia. O complexo inclúe as basílicas da Inmaculada Concepción, a de Nosa Señora do Rosario e a de san Pío X, así como a gruta das aparicións, onde a Virxe se apareceu ante Bernadette Soubirous, segundo a crenza católica.

O Santuario da Nosa Señora de Lurdes, xunto cos santuarios de Torreciudad, Montserrat, Meritxell e O Pilar conforman a Ruta mariana, itinerario guiado pola espiritualidade e devoción mariana, de gran riqueza patrimonial, gastronómica e natural.

Gruta de Massabielle

No ano 1858, a localidade de Lourdes era unha moi pequena aldea con casas humildes, igual que os seus habitantes, que nun oitenta por cento eran analfabetos. A comarca, apenas coñecida en Francia nese momento, localízase no inicio do sistema montañoso dos Pireneos e ten cara ao oeste un promontorio rochoso coñecido co nome de Massabielle ("rochas vellas"). Ao pé deste corre o río Gave que se forma coas augas que descenden das montañas. A un lado dos muros de rochas seminegruzcas a natureza abriu unha fonda gruta de tres metros e medio de largo por outros tres metros e medio de alto.

Esta gruta era un lugar solitario cun chan árido e seco en que medraban roseiras silvestres, que eran as flores da zona. Alí foi onde, segundo o testemuño de Bernadette Soubirous, se produciu unha das aparicións marianas máis coñecidas da historia no ano 1858.[2]

Na actualidade, xunto á gruta das revelacións, álzase un santuario e un lugar de peregrinación. A gruta e a basílica da Inmaculada Concepción (construída por monseñor Laurence, bispo que acolleu as revelacións privadas a santa Bernadette Soubirous), constitúen o santuario orixinal. Posteriormente, todo o conxunto de templos e edificios que teñen como centro a gruta recibiron o nome de Santuario de Nosa Señora de Lurdes.

Organización

[editar | editar a fonte]

A área que a compón ten 52 hectáreas con vinte e dous lugares de culto,[3] que visitan seis millóns de persoas cada ano aproximadamente. O responsable é o bispo de Tarbes-Lourdes, que nomea como representante permanente un reitor.

O reitor faise cargo de aproximadamente sete mil persoas da Hospitalidade Nosa Señora de Lourdes e máis de cen mil das hospitalidades das distintas peregrinacións e rexións do mundo. Tamén transitan trinta sacerdotes para recibir e acompañar os peregrinos e celebrar e administrar os sacramentos. Pertencen a catro congregacións relixiosas e diferentes dioceses. Ademais existen cinco comunidades femininas que están tamén ao servizo do santuario. Posúe 297 empregados fixos e 95 temporais para o mes de febreiro, cando se celebra a festa da Virxe de Lurdes, e 63 de servizos varios.

Reproducións da gruta

[editar | editar a fonte]

Na cavidade natural onde tiveron lugar as aparicións colocouse unha estatua da Virxe María, ademais dun altar, bancos con reclinatorio, un soporte para cirios etc. Dese conxunto fixéronse reproducións máis ou menos literais e xeralmente á mesma escala, en moitos lugares fóra de Lourdes, en que son invariables a gruta e a imaxe da Virxe. Segundo a reprodución, poden aparecer tamén o altar os bancos ou unha estatua de Bernadette.

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-11-29. 
  2. Ruth Harris, Lourdes: Body and Spirit in the Secular Age, Penguin Books, 1999, p. 52.
  3. "Lourdes". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Theillier, Patrick (2008). Los milagros de Lourdes: curaciones, conversiones y testimonios. Ediciones Palabra. ISBN 978-84-9840-194-3. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]