Santo Antonio do Monte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Santo Antônio do Monte é un municipio do estado de Minas Xerais, en Brasil. A súa poboación en 2007 era de 25.694 habitantes (estimación do IBGE/2008). Está a 194 km de Belo Horizonte, capital do estado de Minas Xerais. A cidade é máis coñecida como Samonte.

Historia[editar | editar a fonte]

Santo Antonio do Monte é un municipio de orixe portuguesa, en particular de açorianos, que chegaron a estas terras a través de Pitangui, no século XVIII. Comezou a ser poboado a mediados do século XVIII.

Economía[editar | editar a fonte]

A maior fonte de renda do municipio de Santo Antonio do Monte é a fabricación de fogos de artificio, facendo esta cidade o maior polo produtor de artigos pirotécnicos de Occidente.

Festas[editar | editar a fonte]

Os festivos municipais son os días 13 de xuño (data do patrón, San Antonio de Padua) e 16 de novembro, data da elevación á categoría de cidade (o que ocorreu en 1875).

As principais festas da cidade son a Exposición Agropecuaria, que ocorre xeralmente en xuño ou xullo, e a Festa do Foguete, que ocorre, en setembro.