Caracas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Santiago de León de Caracas»)
Modelo:Xeografía políticaCaracas
Vista nocturna
Imaxe

AlcumeLa Sultana del Ávila, La Sucursal del Cel e La Ciutat dels sostres vermells Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 10°30′00″N 66°56′00″O / 10.5, -66.9333Coordenadas: 10°30′00″N 66°56′00″O / 10.5, -66.9333
EstadoVenezuela
Distrito capitalDistrito Capital (pt) Traducir
Município da Venezuela (pt) TraducirLibertador (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación2.245.744 (2017) Editar o valor em Wikidata (2.894 hab./km²)
Xeografía
Superficie776 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porGuaire River (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude920 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
FundadorDiego de Losada (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación25 de xullo de 1567 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoHelen Fernández (en) Traducir (2015–2017)
Alí Mansour Landaeta (pt) Traducir (2017–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal1010-A Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico212 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Caracas, cidade fundada o 25 de xullo de 1567 co nome de Santiago León de Caracas polo explorador español Diego de Losada é a capital da República Bolivariana de Venezuela,[1] e o maior centro administrativo, financeiro, político, comercial e cultural desta nación.

A cidade ten 2 073 768 habitantes e, coa súa área metropolitana chega aos 5 000 000.

Localízase na zona costeira centro-norte do país, a uns 15 km da costa do mar Caribe, dentro dun val montañoso situado entre os 760 e os 910 msnm.

O Parque Nacional Waraira Repano, coñecido como El Cerro Ávila, unha parede de montañas que superan os 2130 m, é o accidente xeográfico que separa a cidade do litoral central, co cal se conecta a través da autoestrada Caracas-La Guaira, que conduce ao estado Vargas, así como ao principal aeroporto internacional (Maiquetía) e ao segundo porto do país (La Guaira).

A primeira autoridade civil, política e administrativa é o alcalde maior de Caracas, titular do Distrito Metropolitano de Caracas, unha entidade de coordinación político-administrativa que agrupa o municipio Libertador do Distrito Capital e os municipios de Baruta, Chacao, El Hatillo e Sucre, do estado Miranda, sen menoscabar a integridade territorial nin as competencias de ambas as entidades federais.

Caracas foi considerada como un dos centros culturais, turísticos, industriais e económicos máis importantes de América Latina.[2][3][4]

Los Barios, Caracas.

Toponimia[editar | editar a fonte]

Caracas era o nome da tribo que habitaba o "Val ds Caracas", un dos vales costeiros contiguos á actual cidade polo norte, topónimo aínda vixente. Esta tribo era coñecida polos españois asentados na illa perlífera de Cubagua debido ás súas expedicións escravistas a esa costa entre 1528 e 1540, polo cal fíxose unha palabra usual entre os españois do oriente do país como topónimo de referencia para toda a zona e con iso xeralizouse o nome ás terras da área de Caracas.

Moitos foron os intentos, e tamén os fracasos, do proceso de establecer na zona unha poboación. Pero non foi até o ano 1567, cando chegou ao val unha expedición proveniente do Tocuyo ao mando do capitán Diego de Losada, que logrou a fundación dun pobo co nome de Santiago de León de Caracas.

Son varias as teorías sobre o motivo que levou ao nome de Santiago de León de Caracas. A máis xeneralizada é a de que a cidade leva o nome Santiago en honor a Santiago o Maior, o apóstolo tradicional da reconquista española, que era o santo militar de España; León, en honor ao apelido do gobernador da provincia de Venezuela na época, Pedro Ponce de León; e Caracas polos aborixes que poboaban a provincia no momento da fundación. Porén, de tomarse o apelido León para explicar o nome da cidade, puidera alegarse que debeu de ser Ponce e non León o apelido elixido, argumento que alegan algúns autores para descualificar esta hipótese, pois existe como exemplo a cidade de Ponce nomeada e fundada por un Ponce de León en Porto Rico.

Outra tese, a que adquiriu maior relevancia, segue a teoría de que Santiago de León provén das orixes antes mencionadas, pero que o nome de Caracas tomouse dunha herba que os indíxenas chamaban caraca, que abundaba no val onde hoxe está a cidade. Esta herba, tamén chamada localmente "pira", é o coñecido amaranto, planta que ten un alto valor nutritivo polo seu alto contido en proteínas. En realidade, o nome Caracas tomouna o capitán poboador do nome da provincia, e este provén á súa vez do nome dunha etnia da súa costa. A Relación de Pimentel de 1578 ofrece unha explicación do nome de Caracas como o xentilicio dado a esa tribo, e informa que alude efectivamente a esa planta e a que a etnia é tan abundante como a pira ou amaranto con quen outras etnias aborixes a comparan, dándolles por iso o nome de Caracas.

Unha terceira hipótese alega que o nome de Santiago decidiuno Diego de Losada, o fundador da cidade, despois da vitoria española na batalla de Maracapana en recordo do día en que os indíxenas Caracas da costa deron a paz (rendéronse) en xullo de 1567 ante o representante do rei de España, Diego de Losada, xa que ao parecer dito acto protocolario de rendición destes Caracas fíxose adrede o 25 de xullo de 1567, día de Santiago. O nome de León deberíase adicionalmente ao día en que se fundou a cidade, día de San León, segundo esta novedosa tese, que liturxicamente se celebra o 1 de marzo. O escudo da cidade recorda ao escudo do reino de León.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Constitución de la República Bolivariana de Venezuela, art. 18:
    La ciudad de Caracas es la capital de la República y el asiento de los órganos del Poder Nacional.
  2. Súper Intendencia de Inversiones Extranjeras 1980 Venezuela. A guide for foreign investment and technology licensing in the 1980’s. Súper Intendencia de Inversiones Extranjeras (SIEX). Caracas.
  3. Venachan Comité de Turismo. 1991 Turismo en Venezuela. Cámara Venezolano-Americano de comercio e Industria. Caracas. Volumen II
  4. Valentina Quintero (1998): Venezuela. Corporación Venezolana de Turismo. Caracas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]