Santi Moar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Santiago Moar»)
Santi Moar
Información persoal
Nacemento 5 de setembro de 1993
Lugar de nacemento Ordes
Posición dianteiro, dianteira e centrocampista
editar datos en Wikidata ]

Santiago Moar Sánchez, coñecido como Santi Moar, nado en Ordes o 5 de setembro de 1993, é un futbolista galego que xoga como dianteiro e extremo no Phoenix Rising FC do USL Championship.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios en Galicia[editar | editar a fonte]

Despois de debutar co Ordes na Terceira División en 2012, xogou dúas campañas en Preferente, nas filas do Sporting Sada.[1] No 2014 puxo rumbo aos Estados Unidos para estudar na universidade e aprender inglés.[2][1]

Chegada aos Estados Unidos[editar | editar a fonte]

Xogou tres anos no fútbol universitario co equipo da Universidade de Pfeiffer, entre 2014 e 2016. Durante esa etapa disputou un total de 45 partidos, marcando 24 goles e repartindo 33 asistencias.[2] Mentres estaba na universidade, tamén xogou co Charlotte Eagles na Premier Development League, marcando 8 goles en 16 partidos.[3]

Bethlehem Steel FC[editar | editar a fonte]

O 17 de xaneiro de 2017 foi seleccionado na cuarta rolda (82º xeral) no SuperDraft da MLS polo Philadelphia Union.[2] O 30 de xaneiro asinou co Bethlehem Steel FC, da United Soccer League de Filadelfia.[4] Militou neste club ata novembro de 2018.[5]

New Mexico United[editar | editar a fonte]

O 12 de decembro de 2018 foi fichado polo New Mexico United, club que se acababa de fundar en Albuquerque.[6] Marcou 11 goles e repartiu 6 asistencias durante a tempada 2019 do USL Championship, sendo elixido como mellor xogador de marzo.

Phoenix Rising FC[editar | editar a fonte]

O 3 de decembro de 2019 foi anunciado como novo xogador do Phoenix Rising FC.[7] Con este equipo rematou segundo na fase regular da Conferencia Oeste e disputou os playoffs. Acadou a final da Conferencia, onde se enfrontou ao El Paso Locomotive FC. O partido rematou en empate e Santi Moar foi o encargado de tirar o cuarto lanzamento na quenda de penaltis, co que o equipo logrou o título da conferencia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Antelo, Iván (7 de decembro de 2019). "El ordense Santi Moar ficha por los Phoenix Rising". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de xullo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Antelo, Iván (20 de xaneiro de 2017). "Santi Moar, elegido en el draft de la MLS por el Filadelfia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de xullo de 2022. 
  3. "South Atlantic Division statistical leaders". 
  4. "Bethlehem Steel FC signs forward Santi Moar" (en inglés). 30 de xaneiro de 2017. Consultado o 9 de xullo de 2022. 
  5. "Bethlehem Steel FC Announces Roster Moves with 2019 In Mind" (en inglés). 19 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2018. Consultado o 9 de xullo de 2022. 
  6. "Copia arquivada". 12 December 2018. Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2020. Consultado o 09 de xullo de 2022. 
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2020. Consultado o 09 de xullo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]