Santiago Ferreiro Cortés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSantiago Ferreiro Cortés

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Padrón, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de setembro de 1937 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Padrón
novembro de 1922 – 1924
← Francisco García NovoJuan Pazos Varela → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Santiago Ferreiro Cortés, nado en Padrón e finado en Vigo o 22 de setembro de 1937, foi un político galego, alcalde de Padrón de 1922 a 1924.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi nomeado alcalde de Padrón en novembro de 1922 tras o falecemento de Francisco García Novo[1], durante o goberno do liberal Manuel García Prieto, e sendo o home forte da zona o tamén liberal Manuel Viturro Posse. Chegada a ditadura de Primo de Rivera foi relevado por Juan Pazos Varela.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Amparo López Rey (1873-1927), natural de Ferrol e tivo catro fillos, Teresa, Santiago, Federico e Amparo. A súa filla Teresa Ferreiro López (1900-1975) casou en Padrón o 19 de marzo de 1923 co xuíz de primeira instancia de Arzúa Cándido Conde Pumpido, que nos anos cincoenta chegou a ser Presidente da Audiencia Territorial da Coruña.

Era sobriño doutro Alcalde de Padrón, Ángel Baltar Varela, casado con Ramona Cortés Giménez, irmá da nai de Santiago Ferreiro Cortés. E curmán de Ángel Baltar Cortés, famoso médico que fundou o Sanatorio Baltar de Santiago de Compostela.


Predecesor:
Francisco García Novo
 
Alcalde de Padrón
 
1922 - 1924
Sucesor:
Juan Pazos Varela

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ideal Gallego, 15-11-1922, p. 2, 6.