Santiago Aloguin Roig
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 29 de outubro de 1914 Deltebre, España |
| Morte | abril de 1985 Sabadell, España |
| Actividade | |
| Ocupación | mestre |
| Familia | |
| Pai | Narciso Aloguin Benedito |
Santiago Aloguin Roig, nado en Deltebre (Tarragona) o 29 de outubro de 1914 e finado en Sabadell en abril de 1985, foi un mestre catalán afincado en Galicia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do mestre e profesor da Normal Narciso Aloguin Benedito. Estudou maxisterio. Cursillista de 1933.[1] Foi mestre na escola de Papín (Penarrubia, Baralla) dende 1934. Conseguiu para a escola de Papín unha das bibliotecas do Padroado das Misións Pedagóxicas.[2][3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído en setembro.[4] Foi detido e ingresou no cárcere de Lugo o 22 de outubro de 1937, do onde saíu en liberdade provisional o 23 de outubro de 1939. Como resultado do proceso de depuración foi separado definitivamente do servizo e baixa na escala en 1940.[5] Impartiu clases privadas nunha academia de Sarria durante un tempo. En 1950 marchou coa muller e os fillos a Deltebre onde intentou subsistir dando clases particulares, pero as autoridades prohibíronlle exercer esa actividade e a familia padeceu graves penurias económicas, aliviadas en parte coas axudas dos familiares de Lugo. En 1964 conseguiu a rehabilitación e foi destinado a Sariñena (Huesca) e posteriomente a La Cava (Tarragona). Por concurso de traslados pasou á escola de Polinyà de Xúquer (Valencia) e en 1966 a Sant Jaume d'Enveja (Tarragona), onde permaneceu ata 1972. O seu último destino foi Sabadell, onde finou en abril de 1985 con 70 anos.[6]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Teresa Arias Varo, filla de Felipe Arias Vázquez e Teresa Varo, e foi pai de Teresa Alonguin Arias.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Magisterio Español, 10-7-1934, p. 17.
- ↑ Ficha de Santiago Aloguin Roig
- ↑ El Pueblo Pallego, 20-12-1935, p. 12.
- ↑ BOP Lugo, 16-9-1936, p. 1.
- ↑ BOP Lugo, 20-2-1940, p. 2.
- ↑ Diario de Sabadell, 24-4-1985, p. 2.
- ↑ Entrevista biogràfica: Tere Aloguin, una dona amb història