Santi Comesaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santi Comesaña
Real Valladolid - Rayo Vallecano 2019-01-05 47 (cropped) 2.jpg
Información persoal
Nome Santiago Comesaña Veiga
Nacemento 5 de outubro de 1996 (26 anos)
Lugar de nacemento Vigo
Altura 1,84 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Rayo Vallecano
Número 27
Carreira xuvenil
Val Miñor
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2015–2016 Coruxo 37 (8)
2016– Rayo Vallecano 138 (10)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 29 de setembro de 2021
editar datos en Wikidata ]

Santiago Comesaña Veiga, máis coñecido como Santi Comesaña, nado en Vigo o 5 de outubro de 1996, é un futbolista galego que xoga na demarcación de centrocampista no Rayo Vallecano, da Primeira División Española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Vigo, Comesaña formouse como futbolista na Escola Deportiva Val Miñor, na que entrou en idade infantil. Na tempada 2013/14 logrou co equipo xuvenil o ascenso á División de Honra, a máxima categoría do fútbol xuvenil en España, e na seguinte campaña o equipo acadou o quinto posto.[1]

O 9 de xullo de 2015 asinou un contrato co Coruxo FC, equipo da Segunda División B.[2] Debutou na primeira xornada da tempada 2015/16, marcando un gol na vitoria do seu equipo por 2–3 na casa do Atlético Astorga FC.[3] O 6 de decembro marcou un hat-trick na vitoria do seu equipo na casa por 5–1 fronte á SD Compostela.[4] Disputou 37 encontros esa tempada no equipo de Rafa Sáez, 36 deles como titular, e anotou 8 goles.

En xullo de 2016 asinou un contrato de catro anos co Rayo Vallecano na Segunda División Española.[5] Debutou co equipo o 28 de agosto, na segunda xornada da tempada 2016/17, saíndo na segunda parte en substitución de Adri Embarba nun empate 0–0 contra o Real Valladolid no Estadio de Vallecas.[6] Xogou só 11 partidos como titular en liga, nunha mala tempada do equipo madrileño, con ata tres adestradores diferentes. A súa sorte cambiou trala chegada de Míchel, e na tempada 2017/18 foi unha peza clave no equipo que logrou o ascenso á Primeira División.[7]

Debutou na Primeira División na segunda xornada da tempada 2018/19, contra o Atlético de Madrid no Estadio Metropolitano. Disputou 25 partidos e marcou o seu primeiro gol na máxima categoría, fronte á Real Sociedad, pero ao remate da competición o equipo descendeu a Segunda. Con Paco Jémez no banco perdeu protagonismo no equipo, pero recuperouno trala chegada de Andoni Iraola, e na tempada 2020/21 xogou un total de 43 partidos, marcando tres goles e contribuíndo a un novo ascenso á máxima categoría.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La perla de bronce: Santi Comesaña, polivalencia" (en castelán). Vavel. 22 de marzo de 2016. Consultado o 31 de xullo de 2016. 
  2. "El Coruxo incorpora a Santi Comesaña y Pablo García" (en castelán). La Voz de Galicia. 9 de xullo de 2015. Consultado o 31 de xullo de 2016. 
  3. "El Coruxo ahonda en la herida maragata" (en castelán). Vavel. 22 de agosto de 2015. Consultado o 31 de xullo de 2016. 
  4. "El Coruxo tiene una perla" [Coruxo have a pearl] (en castelán). Atlántico Diario. 8 de decembro de 2015. Consultado o 31 de xullo de 2016. 
  5. "Santi Comesaña nuevo jugador del Rayo". Ecodiario.es (en castelán). 16 de xullo de 2016. Consultado o 4 de setembro de 2018. 
  6. "Rayo y Valladolid convierten en protagonistas a sus porteros" (en castelán). Marca. 28 de agosto de 2016. Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  7. González, Raúl (25 de agosto de 2019). "El extraño caso de Santiago Comesaña" (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  8. Álvarez, Aleix (24 de xullo de 2021). "Santi Comesaña: «La falta de minutos me hizo pensar que no valía ni para Segunda»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]