Santa María de Lurdes, Curtis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Santa María de Lurdes»)
Santa María de Lurdes
Igrexa de Santa María de Lurdes
ConcelloCurtis[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°07′37″N 8°08′34″O / 43.127, -8.1429Coordenadas: 43°07′37″N 8°08′34″O / 43.127, -8.1429
Área2,3 km²
Poboación1.306 hab. (2017)
Densidade567,83 hab./km²
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Lurdes é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Curtis. Segundo o padrón municipal en 2004 tiña 1420 habitantes (747 mulleres e 673 homes), 45 máis que en 1999. A poboación está distribuída en 6 entidades de poboación en 2,3 km²[2].

Aínda que segundo o Nomenclátor de Galicia o nome da parroquia civil é Santa María de Lurdes,[3] a parroquia eclesiástica denomínase Nosa Señora de Lourdes. Pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.[4]

Historia[editar | editar a fonte]

Sinal en Curtis da igrexa de Lourdes.

A estación de Curtis e as estradas Curtis-Santaia, A Coruña-Ourense e a comarcal Santiago-Curtis, deron lugar ao nacemento dunha gran feira. Polo aumento da poboación e as necesidades da feira creouse unha nova capela que co tempo se converteu na igrexa parroquial de Lourdes de Curtis.

A parroquia de Nosa Señora de Lurdes foi desmembrada de Santa María de Fisteus e constituída parroquia independente pola real Orde da Dirección General de Justicia, Culto y Asuntos Generales o 10 de outubro de 1928, adquirindo total independencia por un Decreto do Arcebispado de Santiago de data 1 de febreiro de 1929.[5]

Demografía[editar | editar a fonte]

Século XX[editar | editar a fonte]

1930[6] 1940[6] 1950[6] 1960[6] 1970[6] 1981[6] 1986[7] 1991[6] 1999[8] 2000[9]
Habitantes 644 876 1036 1275 1465 1136 1314 1346 1375 1393

     Censos (poboación de feito)     Padrón municipal

Século XXI[editar | editar a fonte]

2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010
1389 1388 1417 1420 1412 1376 1378 1381 1410 1395
2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020
1397 1369 1371 1346 1332 1318 1306
Fonte: IGE (padrón municipal)[10]
Gráfica de evolución demográfica de Lurdes entre 1930 e 2017
     Poboación de feito segundo os censos de poboación.     Poboación segundo o padrón municipal.

Etnografía[editar | editar a fonte]

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

  • Leite, queixos e terneiros, os de Curtis e Teixeiro.[11]
  • Os de Curtis mataron un burro, / os de Teixeiro comérono crudo / e os de Fisteus mandaron recado / que lles gardaran a punta do rabo.[12]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Santa María de Lurdes[editar | editar a fonte]

Parroquias de Curtis[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Páxina oficial do concello de Curtis, datos das parroquias
  3. "Nomenclátor de Galicia: Santa María de Lurdes (Santa María)". Xunta de Galicia. Consultado o 3.12.2018. 
  4. "Arciprestado de Sobrado". Arquidiocese de Santiago de Compostela. Consultado o 3.12.2018. 
  5. "Santa María de Lourdes". Concello de Curtis. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Pazo Labrador, Alberto Xosé; Santos Solla, Xosé Manuel (1995). Poboación e territorio. As parroquias galegas nos últimos cen anos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. p. 61. ISBN 978-84-605-3156-2. 
  7. Torres Luna, María Pilar de; Pérez Fariña, María Luisa; Santos Solla, Xosé Manuel (1989). Municipios y parroquias de Galicia (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 33. ISBN 978-84-7191-529-0. 
  8. "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 1999". Instituto Galego de Estatística (IGE). Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2018. 
  9. "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2000". Instituto Galego de Estatística (IGE). Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2018. 
  10. Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos "2001", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2002", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2003" (XLS) ; "2004", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2005", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2006" (XLS) ; "2007", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2008", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2009", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2010", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2011", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2012", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2013", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2014", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2015", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2016", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018  e "2017", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 . Instituto Galego de Estatística (IGE).
  11. Paz Roca, M.ª Carmen (2007). "Aínda novos manuscritos paremiolóxicos de Vázquez Saco" (PDF). Cadernos de Fraseoloxía Galega (Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia) (9): 263–265. ISSN 1698-7861. 
  12. "Lugar de referencia: Curtis". Portal de ditados tópicos galegos. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mariño Sanmartín, Andrés (1992). Bodeus, Curtis-Estación, Curtis. A Coruña (en castelán). 
  • —————— (1998). Curtis, virando no tempo. Asociación Amigos de Curtis “Os Quenllos”. 
  • —————— (2010). Memoria gráfica de Curtis: fondo fotográfico de la Asociación Amigos de Curtis “Os Quenllos” (en castelán). Asociación Amigos de Curtis “Os Quenllos”. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]