Saltar ao contido

Santa Cristina de Ḷḷena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santa Cristina de Ḷḷena
Ḷḷena Editar o valor en Wikidata

Tipoigrexa, monumento e ermida Editar o valor en Wikidata
EpónimoCristina de Bolsena Editar o valor en Wikidata
Parte deMonumentos de Oviedo e do Reino de Asturias Editar o valor en Wikidata
EstiloArte asturiana e arte prerrománica Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
DioceseArquidiocese católica latina de Oviedo Editar o valor en Wikidata
Dedicado aCristina de Bolsena Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación852 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Anchura12 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude16 m Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 43°07′38″N 5°48′52″O / 43.12733, -5.81431
Situado enḶḷena Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónFelgueras Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
TipoPatrimonio cultural
Data1985 (9ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (ii) e (iv) Editar o valor en Wikidata
Identificador312-003

Ben de Interese Cultural
Data24 de agosto de 1885
IdentificadorRI-51-0000050
Wikidata ] C:Commons ]

Santa Cristina de Ḷḷena é unha igrexa prerrománica asturiana, construída a mediados do século IX e situada no concello de Ḷḷena, en Asturias.

Situación

[editar | editar a fonte]
Vista exterior de Santa Cristina.
Planta da igrexa.
Panorámica da nave e o iconostasio.

O templo atópase situado nun outeiro da parroquia de Felgueras preto do lugar de La Vega'l Rei, que domina o val do río Ḷḷena e a unha distancia 3,5 quilómetros de La Pola, a capital do concello.

Pódese acceder por medio da autovía Ruta da Prata, tomando a saída a Campumanes por La Vega'l Rei e existe tamén un apeadoiro de ferrocarril pertencente á rede de proximidades de Asturias, moi preto de Santa Cristina, a estación de La Cobertoria que se usa como centro de estudos do estilo Prerrománico Asturiano.

O acceso peonil máis cómodo é un carreiro cuxo tránsito se atopa restrinxido a vehículos de rodas, agás residentes, propietarios de leiras e servizos.

Pode corresponder probabelmente á antiga fundación do San Pedro e San Paulo de Felgueras do século VII, sendo de orixe visigoda. A estrutura actual construíuse no século IX, no ano de 852, baixo o reinado de Ramiro I, polo que se clasifica como ramirense ao igual que os monumentos do monte Naranco.

O 28 de novembro de 1793 Gaspar Melchor de Jovellanos chega á igrexa de a cabalo, "descóbrea" extasiado e realiza sobre o terreo uns debuxos. Foi catalogada como Ben de Interese Cultural en 1885.[1] A Academia da Historia pedira "co maior interese ao Goberno a declaración de monumento nacional, como único medio de salvar a ermida do deplorábel estado en que se atopa". Dous anos despois, en 1887, aprobaríase o proxecto das obras a cargo do arquitecto Ricardo Velázquez, por importe de 15 334,5 pesetas.[2] En 1919 fixéronse novas obras, ao parecer de pouca importancia.[3]

Máis importantes foron as actuacións de mediados do século XX. En novembro de 1950 aprobaríanse obras de urxencia por importe de 5 000 pesetas e a cargo do arquitecto Luis Menéndez Pidal.[4] O mesmo titulado realizaría, por importe de 20 000 pesetas, as obras definitivas.[5] Consistirían fundamentalmente nunha escavación á entrada do monumento para rebaixar o terreo e impedir a entrada de auga no interior do mesmo, terminar a espadana do campanario.

A tradición oral di que durante a revolución de Asturias de 1934 os mineiros utilizaron a igrexa de parapeto para defenderse das forzas gobernamentais. Un proxectil afectaría a esquina suroeste, a porta do recinto e parte da bóveda.[6] De ser así, é probable que as obras de 1950 acometeran as reparacións pendentes.

A comunidade Asturias delimitaría a contorna de protección da igrexa en 2009.[7] O Goberno de Asturias realizaría novas obras en 2012.[8] Consistiron na mellora do teito e o reforzo e restauración das paredes do templo. Ademais, cambiáronse as critaleiras da igrexa e mellorouse a contorna.[9]

A UNESCO declarou a igrexa de Santa Cristina de Ḷḷena Patrimonio da Humanidade en decembro de 1985.[10]

Arquitectura

[editar | editar a fonte]
Santa Cristina de Ḷḷena - fachada principal.
Interior da igrexa prerrománica de Santa Cristina.

Este edificio con planta de cruz grega, infrecuente na arquitectura asturiana, segue os parámetros tradicionais: consta de cinco segmentos en forma cuadrangular, definidos polos arcos que se apoian nunha arquería cega que recorre os muros laterais, sendo un deles, o máis grande, o que conforma a nave principal do templo. O chan atópase a dúas alturas coa entrada máis baixa respecto ao altar. O tipo de bóveda usada é a bóveda de canón que descansa sobre arcos reforzados no exterior por contrafortes.

Está dotada de nártice e de iconostasio, formado por tres arcos de pedra que descansan sobre catro capiteis coas súas respectivas catro columnas de mármore pechadas por celosías caladas en forma rectangular, que separa o presbiterio da nave principal. No fondo pódese ver o iconostasio que segue as pautas da arte de Ramiro I aínda que se poden contemplar motivos visigodos na decoración.

Celébrase unha romaría tradicional con misa na honra a Santa Cristina no exterior do templo todos os anos o último domingo de xullo ás 12:30. Acoden a ela os habitantes das vilas e os casaríos próximos. Ao finalizar a misa realízase a tradicional poxa asturiana da puxa do ramo, que se ofrece á santa.

A igrexa pódese visitar de martes a domingos. Os luns está pechada. Os meses de novembro e setembro está pechada por vacacións.

Os horarios de visita son:

  • entre decembro e marzo, de 11:00 a 13:00
  • entre abril e outubro, de 11:00 a 13:00 e de 16:30 a 18:30
  1. "Gaceta de Madrid (actual Boletín Oficial del estado)" (PDF). 
  2. "Gaceta de Madrid" (PDF). 
  3. "Gaceta de Madrid, citando únicamente el cambio de arquitecto." (PDF). 
  4. "Gaceta de Madrid" (PDF). 
  5. "Gaceta de Madrid" (PDF). 
  6. "El blog de Acevedo". Consultado o 4 de decembro de 2017. 
  7. "Boletín Oficial del Estado" (PDF). 
  8. "Sede Electrónica do Goberno do Principado de Asturias". Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2020. Consultado o 3 de decembro de 2017. 
  9. "La Nueva España". 
  10. "Monuments of Oviedo and the Kingdom of the Asturias". UNESCO Culture Sector. Consultado o 17 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]