Saltar ao contido

Sanidina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sanidina (Sa)
KAlSi₃O₈ Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Epónimo
Características
 Cor da raia
 Sistema cristalino
 Grupo espacial
Localización
 Localidade tipo xeolóxica
Cifras e dimensións
 Densidade absoluta
    2.456,77 kg/m³ 0 K sólido Editar o valor en Wikidata
 Dureza de Mohs
   6 Editar o valor en Wikidata
 Módulo de cisalla
   31.661.000.000 Pa Editar o valor en Wikidata
 Módulo de compresibilidade
   60.988.000.000 Pa Editar o valor en Wikidata
 Coeficiente de Poisson
   0,279 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/025s38r Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2780669261 Editar o valor en Wikidata
Mindat3521 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Sanidina

A sanidina é a forma de alta temperatura do feldespato potásico coa fórmula xeral K(AlSi3O8) [1][2][3] e simbolizado como Sa.[4] A sanidina atópase máis frecuentemente en rochas volcánicas félsicas como a obsidiana, riolita e traquita. Cristaliza no sistema cristalino monoclínico. O ortoclasio é un polimorfo monoclínico estable de menor temperatura. A temperaturas aínda menores, é estable a microclina, o polimorfo triclínico do feldespato potásico.

Debido á alta temperatura e rápido arrefriamento, a sanidina pode conter máis sodio na súa estrutura que os dous polímorfos que están equilibrados a menores temperaturas. A sanidina e a alta albita constitúe unha serie en solución sólida con composicións intermedias denominada anortoclasio. Prodúcese a exsolución dunha fase albita; a criptopertita resultante pode observarse en imaxes de microscopio electrónico.

Descubriuse en 1808 na montaña Drachenfels preto de Königswinter, no estado de Renania do Norte-Westfalia (Alemaña),[5]​ sendo nomeada así como un derivado das palabras gregas "sanis" 'tableta' e "idos" 'ver', en alusión ao seu hábito tabular.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Ademais da súa presenza na matriz das rochas félsicas, a sanidina é común como fenocristal en riolitas e, en menor medida, nas riodacitas.[6] A traquita consta en gran proporción de sanidina de gran fino.[7]

As capas de chuvia de cinza en rochas sedimentarias do oeste dos Estados Unidos foron clasificadas en parte tendo en conta se están presentes ou non fenocristais de sanidina, e, se están presentes, tendo en conta se están enriquecidas en sodio. As capas de cinza de riolita de tipo W conteñen sanidina pobre en sodio; as capas de cinza de riolita de tipo G conteñen sanidina rica en sodio; e a chuvia de cinza de dacita adoita carecer de sanidina. Debido ao seu alto contido en potasio, os fenocristais de sanidina son tamén moi útiles para a datación radiométrica das capas de cinza de riolita polo método de datación de K–Ar.[8]

Composición

[editar | editar a fonte]

Aínda que a composición ideal da sanidina é 64,76 % en peso de SiO2, 18,32 % en peso de Al2O3 e 16,72 % en peso de K2O, a sanidina natural incorpora unha cantidade significativa de sodio, calcio, e ferro(III). O calcio e o sodio substitúen ao potasio (coa substitución simultánea de aluminio adicional por silicio, no caso do calcio) mentres que o ferro férrico substitúese por aluminio. Unha composición natural típica é:[9]

Compoñente Peso %
SiO2 64,03
Al2O3 19,92
Fe2O3 0,62
CaO 0,45
Na2O 4,57
K2O 10,05

A temperatura elevada existe unha solución sólida completa entre a sanidina e a albita. O arrefriamento rápido da sanidina conxela a composición, aínda que a maioría da sanidina é criptopertítica, que mostran capas separadas de sanidina baixa en sodio e de albita a escala submicrónica que poden ser detectadas só por métodos de cristalografía de raios X ou de microscopio electrónico.[10]

Transicións orde-desorde

[editar | editar a fonte]

A estrutura cristalina do feldespato potásico ideal ten catro conxuntos de sitios tetraédricos, cada un con capacidade de aceptar un ión aluminio ou silicio. Estes etiquétanse como os sitios T1o, T1m, T2o e T2m. Na sanidina, o aluminio e o silicio están distribuídos ao chou entre os catros sitios, e o T1o e T1m son imaxes especulares un do outro, como tamén o son os sitios T2o e T2m. Isto produce un cristal con simetría monoclínica. Co arrefriamento lento, o aluminio queda concentrado nos sitios T1 pero permanece distribuído aleatoriamente entre os sitios T1o e T1m. O cristal de ortoclasio resultante conserva a simetría monoclínica pero con diferentes lonxitudes de eixe cristalino. Un maior arrefriamento causa que o aluminio se concentre nos sitios T1o, rompendo a simetría monoclínica e producindo microclina triclínica. Cada trnasición require o intercambio de ións entre os sitios tetraédricos, o cal ten lugar a velocidades mesurables só a alta temperatura.[11]

A sanidina e a xénese de magmas

[editar | editar a fonte]

A sanidina pura funde incongruentemente a 1150 °C, rendendo leucita sólida e un líquido. Unha mestura de sanidina con sílice en forma de tridimita funciona á temperatura eutéctica de 990 °C, que define o "granito" eutéctico.[12] A temperatura á cal o granito empeza a fundirse rebáixase en varios centos de graos coa presenza de auga.[13]

  1. ↑ "The New IMA List of Minerals – A Work in Progress –Actualizado: marzo de 2014" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de marzo de 2014.
  2. ↑ http://www.mindat.org/min-3521.html Mindat.org
  3. ↑ http://www.webmineral.com/data/Sanidine.shtml Webmineral data
  4. ↑ Warr, L.N. (2021). "IMA–CNMNC approved mineral symbols". Mineralogical Magazine 85 (3): 291–320. Bibcode:2021MinM...85..291W. doi:10.1180/mgm.2021.43.
  5. ↑ Klaproth, M.H., 1810. "Chemische Untersuchung des glasigen Feldspaths vom Drachenfels, Beiträge zur chemischen Kenntniss der Mineralkörper, Fünfter Band, Rottmann Berlín, 12-18.
  6. ↑ Fisher, Richard V. (1984). Pyroclastic rocks. Berlin: Springer-Verlag. p. 22. ISBN 3540127569.
  7. ↑ Macdonald, Gordon A. (1983). Volcanoes in the Sea: The Geology of Hawaii (2ª ed.). Honolulu: University of Hawaii Press. p. 128. ISBN 0824808320.
  8. ↑ Fisher 1984, pp. 355-356.
  9. ↑ McBirney, Alexander R. (1984). Igneous Petrology. San Francisco, CA: Freeman, Cooper. pp. 104–111. ISBN 0877353239.
  10. ↑ Klein, Cornelis; Hurlbut, Cornelius S. Jr. (1993). Manual of Mineralogy (after James D. Dana) (21ª ed.). Nova York: Wiley. pp. 535–536, 541. ISBN 047157452X.
  11. ↑ Nesse, William D. (2000). Introduction to mineralogy. Nova York: Oxford University Press. pp. 210–211. ISBN 9780195106916.
  12. ↑ Philpotts, Anthony R.; Ague, Jay J. (2009). Principles of igneous and metamorphic petrology (2ª ed.). Cambridge, UK: Cambridge University Press. pp. 207–208. ISBN 9780521880060.
  13. ↑ Philpotts & Ague 2009, p. 252.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]