Sanguñedo, Sanguñedo, Verea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°05′21″N 7°54′55″O / 42.08917, -7.91528

Sanguñedo
borderless
ParroquiaSanguñedo
ConcelloVerea
Poboación29 hab. (2020)
editar datos en Wikidata ]

Sanguñedo é un lugar da parroquia de Sanguñedo, no concello ourensán de Verea na comarca da Terra de Celanova. Nel atópase a igrexa parroquial. Tiña vinte e nove habitantes no ano 2020, dos cales quince eran homes e catorce eran mulleres.[1]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Este lugar dista da capital do concello 4,1 quilómetros pola estrada OU-0206.

A aldea é atravesada polo regato do Sobradiño e o Regato de Sanguñedo.

Toponimia[editar | editar a fonte]

Sanguñedo é un fitotopónimo[2], ven do arbusto sangomiño, sanguino, sanguvino ou sanguineto (Rhamnus sanguineus)[3] (Cornus sanguinea).[4] Este arbusto require solos frescos e lixeiros. Gosta dos lugares húmidos e sombrizos. Atópase en terreos baixos ou de media montaña. A madeira é de excelente calidade, de cor branca rosada, moi dura e resistente. Utilizábase para facer mangos de ferramentas e pequenas pezas torneadas. As pólas magras empregábanse en cestaría, e as máis grosas para titores ou espeques na xardinaxe. Tamén foron utilizadas para facer setas, de feito o arqueiro prehistórico Ötzi levaba setas de sangomiño. En canto ao seu uso medicinal, a cortiza desecada é un potente laxante; mentres que os froitos, cocidos en leite, empregábanse para combater a sarna.[4]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Igrexa de San Salvador de Sanguñedo[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Salvador foi construída a principios do século XVIII, conta con algúns elementos complementados no século XIX. Segundo a inscrición do canteiro que se atopa na fachada posterior, a obra foi rematada no ano 1707. A fachada ten unha porta de lintel sinxela e remata cunha cornixa curva.[5] Nos extremos da cornixa érguense dous pináculos puntiagudos rematados en esfera. O campanario está conformado por dous arcos romanos, nos cales se atopan dúas campás, unha por arco. Por riba deste corpo hai outros dous pináculos, similares aos situados na cornixa, e máis unha estrutura triangular sobre a cal está un pararaios ornamental con forma de cruz grega. A igrexa conta con tres altares; o altar maior ten un retablo construído en 1713 polo escultor Gregorio Álvarez, veciño de Quintela de Leirado e dourado por Agustín Vázquez; nel atópanse as imaxes da Inmaculada, San Francisco, Santo Antón e San Xosé. Os altares colaterais do Evanxeo da Nosa Señora do Carme e da Epístola da Nosa Señora das Dores, albergan as tallas da Virxe do Carme, Santa Tereixa, Santo Antón e San Bieito.[6]

Cruceiro do Campo de Outeiro[editar | editar a fonte]

O cruceiro de Sanguñedo está situado no Campo do Outeiro, diante da igrexa de San Salvador de Sanguñedo a medio camiño entre o lugar de Sanguñedo e Outeiro. Data do mesmo século que a igrexa (s. XVIII). O pedestan consta de tres chanzos, sobre el atópase un varal, primeiro cuadrangular e logo octogonal, que engarza cun capitel dórico e remata nunha cruz florenzada ocupada, no anverso, por un Cristo de expresividade dramática con pano de pureza e, no reverso, por unha Virxe orante sobre anxo.[7]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Sanguñedo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Sanguñedo no concello de Verea (Ourense)

Abeleda | Balín | Casal de Abade | Os Casares | Outeiro | Sanguñedo

Parroquias de Verea[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Verea

Albos (San Mamede) | Bangueses (San Miguel) | Cexo (Santo Adrao) | Domés (San Martiño) | Gontán (Santo André) | Ourille (San Pedro) | Pitelos (Santa María) | Portela (Santa Baia) | Sanguñedo (San Salvador) | Santa María de Cexo (Santa María) | Verea (Santiago)


Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Instituto Nacional de Estadística. Nomeclátor. Relación de unidades poboacionais.". www.ine.es. Consultado o 2021-02-01. 
  2. amil (2021-01-26). "Microtoponimia ou nomes dalgúns eidos na parroquia de Dadín (O Irixo)". BadalNovas. Consultado o 2021-01-31. 
  3. "Estudos de toponimia galega. Nicandro Ares Vázquez". Arquivado dende o orixinal o 13/02/2021. Consultado o 31/01/2021. 
  4. 4,0 4,1 Méndez Míguez, Carlos (2020). Toponimia de Verea. Noia (A Coruña). ISBN 978-84-1217-313-0. OCLC 1254476944. 
  5. "Iglesia de San Salvador de Sanguñedo – Terra de Celanova — Serra do Xurés" (en castelán). Consultado o 2021-01-29. 
  6. Méndez Míguez, Carlos (2020). Toponimia de Verea. Noia (A Coruña). ISBN 978-84-1217-313-0. OCLC 1254476944. 
  7. Méndez Míguez, Carlos (2020). Toponimia de Verea. Noia (A Coruña). ISBN 978-84-1217-313-0. OCLC 1254476944. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]