Sang Penari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sang Penari
Ficha técnica
Título orixinalSang Penari
DirectorIfa Isfansyah
ProdutorShanty Harmayn
GuiónSalman Aristo
Ifa Isfansyah
Shanty Harmayn
Baseado enRonggeng Dukuh Paruk de Ahmad Tohari
IntérpretesNyoman Oka Antara
Prisia Nasution
MúsicaWong Aksan
Titi Sjuman
FotografíaYadi Sugandi
EstudioSalto Films
Estrea 10 de novembro de 2011
Duración111 minutos
Orixe Indonesia
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt1989598 Rottentomatoes: m/the_dancer Tumblr: sang-penari Netlix: 70266069Editar o valor em Wikidata

Sang Penari é un filme indonesio de 2011 dirixido por Ifa Isfansyah. Baséase na triloxía de novelas Ronggeng Dukuh Paruk escrita por Ahmad Tohari. Está protagonizado por Nyoman Oka Antara e Prisia Nasution e conta a historia dun mozo e a súa amizade coa nova ronggeng da vila.

A segunda adaptación da triloxía Ronggeng Dukuh Paruk, Sang Penari requiriu dous anos de investigación para presentar o contexto histórico máis detallado posible, incluíndo o movemento do 30 de setembro e as accións anticomunistas da época; estes detalles, censurados polo goberno da Nova Orde, son máis explícitos nas novelas. Malia que o filme está ambientado e foi rodado en Purwokerto, Xava Central, ningún dos protagonistas é de orixe xavanesa. Nasution, no seu primeiro papel protagonista, é de orixe batak, mentrs que Antara é balinés.

Dende a súa estrea o 10 de novembro de 2011, Sang Penari foi aclamado pola crítica. Tohari considerouno unha "sublime adaptación da súa obra",[1] mentres que Labodalih Sembiring de Jakarta Globe describiu os elementos socioculturais como propios dunha traxedia shakespeareana. No Festival Indonesio de Cinema de 2011, Sang Penari gañou catro premios, incluíndo o de mellor filme, sobre nove nomeamentos.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kurniasari, Triwik (13 de novembro de 2011). "Ronggeng 2.0". The Jakarta Post. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2012. Consultado o 12 de xaneiro de 2012. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]