Sandra Piñeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSandra Piñeiro
Biografía
Nacemento24 de abril de 1996 Editar o valor em Wikidata (27 anos)
Esteiro, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónremeira Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2009 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
DeporteRemo Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
- Orio Arraunketa Elkartea Editar o valor em Wikidata

Instagram: sanndrapf Editar o valor em Wikidata

Sandra Piñeiro Fungueiriño, nada en Esteiro (na parroquia de Castro, en Boiro) o 24 de abril de 1996, é unha remeira profesional e escritora galega, que compite co Orio da Liga Euskotren, a máxima categoría de competición en traiñeiras.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a remar de neniña no Cabo da Cruz. Logo dunha década con este club, en 2016 chegou a disputar a liga Euskotren co Cabo, onde finalizaron de cuartas (e últimas). Ao remate dese ano fichou polo Náutico de Ribeira onde permaneceu dous anos, ata 2018. Ao remate desa temporada, o Orio (de Orio, en Guipúscoa) engadiuna ao seu equipo[1], onde coincidiu con Victoria Piñeiro, a remeira de Cangas. O Orio levaba desde 2013 na liga Euskotren, de forma ininterrompida.

En xullo de 2019, a Piñeiro rompeulle o tolete e quedou a vogar sen remo para manter o ritmo e o equilibrio da traiñeira e non prexudicar as compañeiras, nunha imaxe que acadou unha certa viralidade no momento[2]. Orio acabou por gañar esa regata. A canda as demais remeiras de Orio proclamouse vencedora da liga Euskotren nesa temporada[3], título que revalidou ao ano seguinte. Era a primeira vez que Orio gañaba a Liga Euskotren, logo de seis anos de dominio da traiñeira de Donibane (de Pasaia).

A partir de 2016 comezou a ter problemas coa alimentación[4] e case tres anos máis tarde foi diagnosticada de anorexia, trastorno para o que se tratou sen deixar a práctica deportiva[4]. A súa experiencia coa enfermidade escribiuna no seu libro Remando en la oscuridad.

Licenciouse en Ciencias do Deporte e adestrou equipos de base de remo de Orio. Traballa como preparadora física[5] en Donostia.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Clubs[editar | editar a fonte]

Club Ano
Cabo da Cruz 2009- 2016
Náutico de Ribeira 2017- 2018
Orio 2018- actualidade

Obra[editar | editar a fonte]

  • Remando en la oscuridad (2021)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sandra Piñeiro: «El remo me lo ha dado todo»". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-02-27. Consultado o 2021-08-01. 
  2. "Una remera de Orio acaba remando... ¡sin remo!". EITB Radio Televisión Pública Vasca (en éuscaro). Consultado o 2021-08-01. 
  3. "Doblete de Orio en Hondarribia". ElDesmarque Bizkaia (en castelán). 2019-08-11. Consultado o 2021-08-01. 
  4. 4,0 4,1 Zabaleta, Mercedes. "La remera Sandra Piñeiro relata su lucha contra la anorexia en “Remando en las oscuridad”". Efeminista. Consultado o 1 de agosto 2021. 
  5. "Sandra Piñeiro". www.instagram.com. Consultado o 2021-08-01.