Sandra Cauffman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sandra Cauffman
Nacemento10 de maio de 1962
Lugar de nacementoSan Xosé
NacionalidadeCosta Rica
Alma máterUniversidade George Mason e Universidade da Costa Rica
Ocupaciónfísica e enxeñeira eléctrica
editar datos en Wikidata ]

Sandra Cauffman, nada en San Xosé o 10 de maio de 1962, é unha especialista en Enxeñaría eléctrica e Física costarriqueña destacada polo seu traballo na NASA en distintos cargos. O seu perfil foi destacado por ONU Mulleres[1], por ser un exemplo positivo para as mulleres, especialmente, mozas e nenas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cauffman naceu nun fogar uniparental de poucos recursos en Hatillo, filla de María Jerónima “Mary Alba” Rojas Montero.[2]

Cursou tres anos de enxeñaría industrial na Universidade de Costa Rica.[3] A nai de Sandra casou cun estadounidense cando Sandra tiña 14 anos que se converteu no seu pai adoptivo. Cando Cauffmann tiña 21 anos, a súa familia mudouse aos Estados Unidos por razóns económicas, persoais e de oportunidades educativas.[4] Neste país ingresou na Universidade George Mason, onde obtivo o dobre grao en enxeñaría e física.[3][nota 1] Conta tamén cun mestrado en enxeñería eléctrica nesta última universidade.[3][5]

Traballo na NASA[editar | editar a fonte]

Sandra Cauffman traballou en distintas misións da NASA. Antes xa participara como subdirectora de proxecto da Misión de Evolución Atmosférica e Volátil de Marte, traballo co que comezou a ser amplamente recoñecida en Costa Rica.[6] Posteriormente traballou con subdirectora do Programa de Sistema de Satélites Xeoestacionarios GOES-R[7] Dende 2016 traballou como subdirectora e dende 2019 como directora da División de Ciencias Terrestres da Administración Nacional da Aeronáutica e do Espazo (NASA).[8][9] Este traballo consiste en xestionar misións para o desenvolvemento da tecnoloxía, a ciencia aplicada, a investigación, a execución de misións e operacións.[10]

Cauffman interésase por unha proxección social que permita a máis mozas e mozos costarriqueños, especialmente mulleres, achegarse ás ciencias. En 2016 axudou a que a Fundación Monge patrocinase a viaxe de seis novos costarriqueños para que puidesen asistir na NASA ao lanzamento dun satélite.[11][12][13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Por un problema coa revalidación de créditos na transferencia do seu currículo á Universidade George Masson, Rojas mudou de carreira. Véxase: "Mars Wish: Mason Alumna Makes NASA Dream Come True". Mason Spirit. Consultado o 4 de maio de 2022. 
Referencias
  1. "Sandra Cauffman: De Costa Rica a Marte". Consultado o 26 de maio de 2016. 
  2. "Sandra Cauffman: Dueña de su destino". Consultado o 26 de maio de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Perfil Sandra Cauffman LinkedIn". Consultado o 8 de maio de 2016. 
  4. "Sandra Cauffman. MSc: Ticotal". Ticotal.cr. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 26 de maio de 2016. 
  5. "Mars Wish: Mason Alumna Makes NASA Dream Come True". The Mason Spirit. Consultado o 4 de maio de 2022. 
  6. "MAVEN Profiles: Sandra Cauffman". Canal NASA Goddard en YouTube. Consultado o 4 de maio de 2022. 
  7. "Costa Rican Engineer Named New Assistant Director at NASA". Costa Rican Times. 24 de maio 2016. Consultado o 10 de xullo de 2016. 
  8. "Tica Sandra Cauffman asume alto cargo en NASA". La Nación. Consultado o 26 de maio de 2016. (require rexistro (?)). 
  9. "Sandra Cauffman". American Astronautical Society (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2022. 
  10. "Sandra Cauffman y la lógica de las estrellas". Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2016. Consultado o 8 de agosto de 2016. 
  11. "Seis estudiantes de Costa Rica viajarán a NASA para presenciar lanzamiento de satélite". Consultado o 26 de maio de 2016. (require rexistro (?)). 
  12. "6 Jóvenes ticos recorren la NASA y descubren que los sueños se cumplen". San José Volando (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2022. 
  13. "Costa Rican students get the surprise of a lifetime: a trip to NASA". The Tico Times (en inglés). 2016-03-08. Consultado o 4 de maio de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]