Sandford Fleming
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de xaneiro de 1827 Kirkcaldy, Reino Unido |
| Morte | 22 de xullo de 1915 Halifax, Canadá |
| Lugar de sepultura | Beechwood Cemetery (en) |
| Chanceler Queen's University | |
| 1880 – | |
| Chief engineer (en) | |
| 1871 – | |
| Chief engineer (en) | |
| 1867 – | |
| Director Compañía da Baía de Hudson | |
| | |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Engineer's degree (en) |
| Ocupación | deseñador de selos, inventor, enxeñeiro |
| Membro de | Sociedade Real do Canadá (presidente) (1888–1889) Sociedade Real do Canadá (membro fundador) (1882–) Halifax Club (en) |
| Familia | |
| Cónxuxe | Annie Jane Fleming |
| Fillos | Lily Frances Fleming |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography, terceiro suplemento Encyclopædia Britannica |
Sir Sandford Fleming, nado en Kirkcaldy (Escocia) o 7 de xaneiro de 1827, e finado en Halifax (Canadá) o 22 de xullo de 1915, foi un enxeñeiro canadense de orixe escocesa e un prolífico inventor.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É coñecido especialmente porque propuxo a creación de zonas horarias estandarizadas, Horario Universal (Tempo Universal, Universal Time ou UT) e do sistema horario de 24 horas correspondentes ós 24 fusos horarios contados a partir do meridiano de 180 graos (coñecido como «antimeridiano» de Greenwich) e que tamén se emprega agora como liña internacional de cambio de data.[1] Deseñou o primeiro selo postal do Canadá e realizou un enorme labor de levantamento topográfico e cartográfico por todo o país, encargándose dos labores de enxeñaría do Ferrocarril Intercolonial e do Ferrocarril Canadense do Pacífico (Canadian Pacific Railroad ou CPR).
Foi membro fundador da Royal Society of Canada (Sociedade Real do Canadá) e fundador do Royal Canadian Institute, unha organización científica e académica de Toronto.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Quirico Filopanti Arquivado 17 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. da Universidade de Boloña, Italia.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sandford Fleming |