Sancho II de Castela
Nome orixinal | (es) Sancho II de Castilla |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1036 Zamora, España |
Morte | 7 de outubro de 1072 (35/36 anos) Zamora, España |
Causa da morte | homicidio |
Lugar de sepultura | Mosteiro de San Salvador de Oña |
Monarca do Reino de Galicia | |
1072 – 7 de outubro de 1072 ← García II de Galicia – Afonso VI de León → | |
Monarca do Reino de León | |
1071 – 7 de outubro de 1072 ← Afonso VI de León – Afonso VI de León → | |
Monarca do Reino de Castela | |
1065 – 7 de outubro de 1072 ← Fernando I de León – Afonso VI de León → | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | gobernante, guerreiro |
Outro | |
Título | Rei de Castela Rei de León Rei de Galicia |
Familia | Dinastía Ximena |
Cónxuxe | Alberta |
Pais | Fernando I de León e Sancha I de Galicia |
Irmáns | Urraca de Zamora Elvira de Toro Afonso VI de León García II de Galicia |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Sancho II de Castela, tamén coñecido como Sancho III,[1][a] nado cara a 1037 e finado o 6 de outubro de 1072 en Zamora, foi o primeiro rei de Castela entre 1065 e 1072, rei de Galiza entre 1071 e 1072 e rei de León en 1072.
Cando herdou do seu pai Fernando I o reino de Castela, tamén herdou os problemas dos límites territoriais con Navarra, León e Aragón. Unha das súas primeiras medidas foi restaurar a sede episcopal de Oca e trasladar a súa capital a Burgos. Os problemas con Sancho IV de Navarra viñan polas lindes da Rioxa, mentres que con Aragón foron os intereses que se contrapuñan respecto ao Reino taifa de Zaragoza.
As súas primeiras iniciativas políticas foron ao de atacar no verán do 1067 a al-Muqtadir de Zaragoza, probablemente para lle esixir o pago das parias debidas, o que o levou a enfrontarse con Sancho IV, a quen lle arrebatou Pancorbo e parte de Bureba. Outorgou mercedes aos mosteiros de Oña, Arlanza e San Millán da Cogolla. Na parte occidental do seu reino optou pola mesma política do seu avó, que foi o de intentar a anexión de León como medio para evitar os enfrontamentos.
O conflito con Afonso VI esbózase no ano 1068, con enfrontamentos illados, o que non prexudica o acordo entre os dous reis para desposuír ao seu irmán García do Reino de Galiza. Pero no ano 1072 o enfrontamento en Golpejera, onde Rodrigo Díaz de Vivar actuou como alférez do rei Sancho, remata co apresamento de Afonso, quen foi conducido a Burgos, mentres Sancho se dirixía a León onde se coroaba a si mesmo diante da negativa do bispo Pelaio de Oviedo a facelo. O interese maior de Sancho foi completar o afastamento político dos seus dous irmáns: na primavera dese ano, marchou contra García, quen se refuxiara no sur do seu reino, e derrotouno en Santarém, obrigándoo a exiliarse en Sevilla. A continuación enviou o seu irmán Afonso exiliado a Toledo. Xa tiña con isto todo o poder nas súas mans, pero necesitaba atraer a todas as forzas políticas do seu reino e evitar as revoltas que se puidesen producir.
Concluía o verán cando a súa irmán Urraca e máis o conde Pedro Ansúrez se declararon en rebeldía. Os rebeldes refuxiáronse en Zamora, a onde acudiu o rei, cercando a cidade. O sábado 6 de outubro do 1072 foi asasinado por un tal Vellido Ariulfi (Vellido Dolfos) segundo as crónicas da época.
As acusacións contra Urraca, por instigación do seu irmán Afonso e pola súa propia ambición do poder, foron as que marcaron a volta de Afonso dende Toledo cara a Zamora e León para tomara as rédeas de todo o reino, que xa estaba agora nas súas mans.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sendo Sancho Ordóñez o I e Sancho o Gordo o II.
- Referencias
- ↑ López Carreira, Anselmo (2003). Os reis de Galicia. Vigo: A Nosa Terra. p. 114. ISBN 84-96203-44-1.
Sancho II de Castela Nacemento: c. 1037 Falecemento: 1072
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Sancha I Fernando I
|
Rei de Castela (Nova demarcación) (1065–1072) |
Sucedido por Afonso VI |
Precedido por García II
|
Rei de Galiza 1071–1072 | |
Precedido por Afonso VI
|
Rei de León 1072 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sancho II de Castela |