Sanchin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sanchin
Grafía
Grafía orixinalKanji: 三戰
Outras grafíasKanji: 三進
Kanji: 参戦
Hiragana: サンチン
Noutras linguasMandarin Pinyin: Sānzhàn
Informacións xerais
Arte marcialKarate
EstiloNaha-te
CategoríaKata
OrixeFlag of the People's Republic of China.svg China
CreadorKanryo Higaoona

Sanchin (三戰 サンチン?) é un kata do karate que ten orixe en Fuxián, sur daa China, región que é considerada coma o núcleo de varios estilos, e os máis ben coñecidos son os estilos de karate Goju-ryu e Uechi-ryu, e tamén os estilos de wushu chinés da Garza branca; dos Cinco Antepasados, Pangainun e o estilo de combinación da garza e do tigre, que é asociado con Ang Lian-Huat. Tam Hon ensinaba un estilo que era chamado sinceramente "saam jin" (cantonés para "Sanchin"). O nome "sanchin", con significado de "tres batallas", é ás veces interpretado como a batalla para unificar a mente, corpo, e espírito; con todo, hai outras interpretacións.[1]

A versión de sanchin utilizada pola maioría de estilos de karate foi creada polo fundador do estilo goju-ryu, mestre Chōjun Miyagi, e adestra unha técnica moi forte e tensa de puño, para empuxón. En Uechi-ryu e en Ryusei, o xeito de practicar o kata é máis próximo á versión chinesa con movmentos máis alíxeros de man que golpea coma unha serpe.[2][3][3][4][4]

Información xeral[editar | editar a fonte]

Só unha postura é utilizada—o sanchin dachi, dende a cal un nome do kata é derivado (inicialmente foi nomeado como Peppuren.[5] Sanchin dachi é unha postura práctica, e tamén considerada coma a postura máis difícil para aprender. As pernas protexen o corpo contra golpes de varredura; as coxas son utilizadas para atrapar patadas baixas. Segundo un manual de tai chi (13 posturas Zhengzi), a puñada saca a súa forza dende a terra a través das pernas—o xiro da cintura conduce a forza do corpo enteiro de modo que é canalizada ata un único punto de impacto dunha puñada.

Cando correctamente executando, tódolos músculos deben ser relaxados e tensinonados. A maioría do estilos de artes arciais adoitan adestrar unha versión do kata que seguen o paradigma "duro" de karate. Esta ductilidade reforza a crenza de que o sanchin é unha das máis extenuantes formas das artes marciais.

No estilo Goju-ryu, a idea é permanecer relaxado ata que un movemento duro é executado, cando a tensión debe durar soamente polo momento correcto. Isto permite unha dinámica mellor do que unha con tensión continuativa, que non é a maneira máis doada para executar movementos alíxeros. Sanchin é a miúdo practicado como medio de desenvolver a resitencia múscular externa do corpo, o que tornaría mais doado aguantar golpes potentes dun adversario. Mais o estado de tensón practicado nalgúns estilos, e.g., Goju-ryu, na práctica tende para tornar lentos os movementos se o practicante non aprende para conmutar entre relaxamento e tensión. Algúns din tamén que o método isométrico de adestramento pode levar a efectos prexudiciais de longo sobre a presión sanguínea e aparato circulatorio. Estilos como Kyokushin xeralmente incorporan o kata sanchin como método de adestramento, do mesmo xeito que é adestrado polo estilo Goju. Aqueles que presenciaron o adestramento como é feito nativamente en Okinawa din que é imprescindible a noción que a forma posúe dureza e tensión nas súas características, pero a práctica deste xeito pode facelo con que sexa difícil de aprender por completo, para conseguir unha comprensión mellor de tódalas técnicas.

Algunhas excepcións a isto ocorren no estilo Uechi-ryū no que un equilibrio entre tensión e suavidade é empregado, pois tódolos músculos deben ser tensionados na mor parte do tempo, coma nas versións doutras estilos, pero hai breves intervalos cando relaxamento e suavidade son empregados, co obxectivo de que os músculos sexa movidos de forma explosiva, mentres o resto de corpo fica tensionado, para protexer os órganos vitais, e puntos débiles no corpo. Por tanto, sanchin do estilo é considerado máis coma unha combinación de "duro" e "suave".

Diferente do que sucede na maioría dos outros estilos, o kata sanchin funciona coma pilastra e é pronto adestrado por aqueles que empezan e, co tempo, van refinándoo por medio da práctica continuada a través dos rangos que obtén.

Este tipo de adestramento de forza só recentemente foi recoñecido pola ciencia occidental, e é chamado de "adestramento isométrico" en culturismo. (o que é incorrecto. O tipo de condicionamento utilizado no kata sanchin kata sería mellor definido como "tensión dinámica")

Segundo o modo chinés de adestramento, o kata sanchin tamén introduce ao uso da enerxía "qi" para fins de adestramento e de loita. Esta práctica pode ser entendida coma unha forma de "qigong" do xeito que é usado polo wushu. No qigong, as mans non son pechadas, porque iso sería considerado unha restrición do fluxo de enerxía. O foco en qigong está no control da respiración para xerar o ki no corpo. Moitas interpretacións occidentais sobre ki explícano coma unha forma de mellor entender a dinámica interna do corpo e coma o control dos músculos por medio da repetición. A forma chinesa, chamada de  San Zhan, que é aparentemente a versión orixinal da que as formas modernas de sanchin, de Okinawa e do Xapón, son baseadas, pode amosarse bastante diferente das versións máis tardías do karate clásico.[6]

Nalgunhas ramas do estilo goju-ryu, hai dúas formas de sanchin: a primeira, sanchin de Miyagi (ou "sanchin dai ichi"), que é aforma máis amplamente ensinada co fin de forma inicial e de kihon kata, foi creada para tal propósito por Chojun Miyagi, e non ten ningunha volta, así practicante vai adiante e entón recúa; o segundo sanchin, sanchin de Higashionna (ou "sanchin dai ni") é unha versión completa e é máis vella, que era ensinada por Kanryo Higashionna, e nel camíñase cara á fronte, mais vira en 180 graos dúas veces. Inicialmente foi ensinado con mans abertas, do xeito que aínda é adestrado en Uechi-ryu, mais máis tarde, porén, foi revisado por Juhatsu Kyoda, fundador de Toon-ryu, coas mans pechadas e adoptado por Chojun Miyagi tamén.

Este kata foi adoptado por outros estilos máis novos como Isshin-ryū e Kyokushin, un estilo xaponés máis tardío creado por Mas Oyama, un inmigrante coreano. O estilo de Oyama resalta a dureza do adestramento presente no estilo Goju coa dinámica e agresividade do Shotokan, pois a idea é achegarse máis ás súas raíces do estilo Shuri-te do que ó Naha-te, escola que é a base dos estilos Goju-ryu e Uechi-ryu.

Algúns din que o significado de sanchin, ou "tres batallas", relaciónase ás tres viaxes de vida: desenvolvemento do corpo, da mente e do espírito. Por medio do adecuado adestramento nas artes marciais, unha persoa é capaz de correctamente desenvolver o seu corpo cos exercicios e a práctica dos kata. Máis tarde, a persoa empeza a entender o significado correcto dos momeventos adestrados, e desenvolve a comprensión sobre bunkai e historia, o que fai desenvolver a mente. Por fin, o espírito é só desenvolvido moito máis tarde na vida, sendo entendido por quen conseguiu isto.

Shime[editar | editar a fonte]

Algúns estilos uson o kata como método de proba de forza e postura, así coma de concentración, en que impactos son dirixidos ós membros do karateka trala execución dunha puñada, cando o corpo está na maior tensión. Na maioría das ramas do estilo goju-ryu utilízase os seguintes procedementos de verificación:

  • Unha labazada nos ombros. Isto comproba que os ombros están nunha posición natural mais aínda tensionada.
  • Golpes leves e pesados (xeralmente co cume da man) no músculo grande dorsal. Isto serve para comprobar se os músculos están firmes. Leves toques nos cóbados coa man ou cos dedos, para comprobar se o karateka sostén a forma correcta dos brazos e cóbados, e utilizando forza total do golpe.
  • Verificación das pernas. Na parte detrás, dase unha labazada nos lados dos xeonllos, para ter certeza sobra a firmeza da postura.
  • Dedos na caluga. Isto serve para recordar de arranxar a postura.
  • Virilla e cavidade pelviana. Da fronte ou detrás da persoa, unha patada ou gulifada á ingua. Se o karateka estiver na posición correcta e a pelve estiver encolleita, atrapará o golpe co interior das cuxas.
  • Verificación de respiración. Dase un golpe de leve a pesado no estómago, que pode ser unha puñada común ou coa lateral da man. Isto inspeccionará respiración.
  • Control de concentración. A persoa que fai a proba non debe golpear nun patrón específico, o que podería anticipar o golpe ó karateka, pois o obxectivo é facer con que o karateka concéntrese na execución do kata soamente. A proba tamén é feita con golpes falsos, que non se pode reaccionar a eles. Isto é a parte de "mente" de "mente, corpo e espírito."
  • Control de concentración. Algúns estilos probarán a concentración dun karateka rompendo un taboleiro contra un punto forte do corpo, como a parte superior da perna.
  • Postura. Comprobar a forza e postura agarrándose as mans abertas e os pulsos e guiando a puñada, mentres aplícase resistencia.

No estilo Uechi-ryu, o practicante debe parar a execución do kata para cada secuencia de shime, de modo que se interrompe e recomeza en cada serie de controis, en vez de ser feito de modo continuo sen levar en conta á persoa que aplica shime. Tamén no Uechi-ryu, a execución do kata é coas mans abertas e o shime é feito co patadas circulares dirixidas ás pernas e ocasionalmente ós brazos. As verificacións das tibias son feitas patadas coas pontas dos dedos.

Escolas tradicionais de Okinawa varían na súa aplicación de shime.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Black Belt". Books.google.co.uk. Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  2. "Black Belt". Books.google.co.uk. Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  3. 3,0 3,1 "Black Belt". Books.google.co.uk. Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  4. 4,0 4,1 "Black Belt". Books.google.co.uk. Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  5. "Hawaii Karate Seinenkai". Seinenkai.com. Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  6. "Comparitive [sic] karate san chiem ( sanchin ) San zhan". YouTube. Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]