San Tomé de Piñeiro, Marín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «San Tomé de Piñeiro»)
San Tomé de Piñeiro
Igrexa parroquial.
ConcelloMarín[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°21′18″N 8°43′09″O / 42.355, -8.71916667Coordenadas: 42°21′18″N 8°43′09″O / 42.355, -8.71916667
Poboación1.059 hab. (2016)
Entidades de poboación12[1]
editar datos en Wikidata ]

San Tomé de Piñeiro é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Marín na comarca do Morrazo. Segundo o IGE no ano 2016 tiña 1059 habitantes (524 homes e 535 mulleres). A parroquia ten 12 entidades de poboación.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial é románica, fundada no século XIII, ao parecer sobre os restos dun antigo mosteiro. Ten planta rectangular e conta cunha ábsida pentagonal. Na súa capela maior ten un retablo barroco de marcada influencia portuguesa.

A cabeceira poligonal aséntase sobre tres rebancos que leva en cada un dos catro vértices unha grosa columna sobre podio que chega até o beirado con capiteis case cúbicos e de basta labra de entrelazos. Esta estrutura columnaria define cinco panos. Nos tres centrais ábrese un ventanal de medio punto adoelado pero de arestas vivas que acolle unha seteira. Unha imposta de dupla moldura percorre os tres primeiros panos á altura dos peitorís das fiestras. Os canzorros son de proa de nave.

O interior ten un elegante arco triunfal, con dúas arquivoltas apuntadas de rosetas, a interior de aresta viva e a exterior de mediacana combinada con escocia e tetrapétalas trasdosada por chambrana xadrezada. Outro arco faixón apuntado axuda a soster a bóveda de canón. Os catro capiteis que sosteñen estes arcos son variados: un de entrelazos, outro de follas terminadas en espiral e os outros dous teñen esculpidos cadrúpedos alternados con homes ou anxos.

Tamén destaca o gran Pazo de Cadro a familia nobre de Romay, así como os muíños e a casa de Cultura.

Cultura[editar | editar a fonte]

A comezos de outubro celébrase a Festa da mazá e a sidra de San Tomé de Piñeiro.

A Sociedade Deportiva Santomé milita na Segunda Rexional.

Pola parroquia pasa a ruta de sendeirismo GR-59, que une o cabo Home coa desembocadura do río Loira.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de San Tomé de Piñeiro[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de San Tomé de Piñeiro no concello de Marín (Pontevedra)

Allariz | Cadrelo | Cernello | A Esperela | Fixón | O Igrexario | Miñán | O Pereiro | O Pozo | Silvestre | A Troncosa

Parroquias de Marín[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Marín

Ardán (Santa María) | O Campo (Santa María) | Marín (San Xián) | Marín (Santa María do Porto) | Mogor (San Xurxo) | San Tomé de Piñeiro (San Tomé) | Seixo (Nosa Señora do Carme)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]