Donostia Arena 2016

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «San Sebastián Arena 2016»)

Coordenadas: 43°17′51″N 1°58′07″O / 43.2976, -1.9687

Donostia Arena 2016
Illunbe
Datos
LocalizaciónDonostia, Guipúscoa
Construción
Inauguración1998
Estadio
Capacidade11.000 espectadores
LocalíaSan Sebastián Gipuzkoa BC (ACB)

O Donostia Arena 2016[1] é un recinto multiúsos situado na zona deportiva de Anoeta en Donostia, Guipúscoa (Euskadi). Cunha capacidade para 11.000 espectadores é o lugar no que xoga os seus partidos o Lagun Aro GBC de baloncesto.

Historia[editar | editar a fonte]

Esta é a construción estrela do espazo de lecer de Illunbe, no que inicialmente había multitude de locais de hostalaría, multicines etc. Unha das características máis rechamantes deste recinto é a súa cuberta retráctil, que se desprega ou se contrae segundo as necesidades. A súa utilización inicial baseábase nas corridas de touros, pero co paso do tempo ha ir diversificando a súa oferta. Actualmente é o baloncesto o que centraliza a actividade do recinto.

Actividades[editar | editar a fonte]

A parte do baloncesto no recinto organízanse touradas, concertos de música, campionatos de motos freestyle de motos etc.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "San Sebastián Arena 2016-ren banaketa". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2012. Consultado o 25 de abril de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]