San Pedro de Ycuamandiyú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 24°6′S 57°5′O / -24.100, -57.083

San Pedro de Ycuamandiyú
Bandera San Pedro del Ycuamandiyú.png
Escudo de San Pedro del Ycuamandiyú.gif
San Pedro Paraguay.jpg
Vista da cidade de noite
Localización
San Pedro de Ycuamandiyú en Paraguai
San Pedro de Ycuamandiyú
San Pedro de Ycuamandiyú
PaísFlag of Paraguay.svg Paraguai
DepartamentoSan Pedro
Xeografía
Altitude64 msnm
Superficie3.185 km²
Demografía
Poboación32.918 hab.
Densidade9 hab./km²
XentilicioSampedrano/a
Outros datos
Código postal8000
AlcaldePastor Alberto Vera Bejarano (PLRA)

San Pedro del Ycuamandiyú é un distrito e cidade de Paraguai, e así mesmo a capital do departamento homónimo. Foi fundada por José Ferreira e Pedro García Lacoizqueta en 1786 co nome de Villa San Pedro Apóstol del Ycuamandiyú.

O distrito ten unha área de 3.185 km² e unha poboación de 29.097 habitantes (DGEEC 2002). A súa economía baséase na actividade gandeira, forestal e a produción herbeira, ademais de existir artesanía a pequena escala. Áchase a 330 km da cidade de Asunción.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O seu nome Pedro débese ao apóstolo San Pedro, mentres que Ycuamandiyú é unha palabra castelanizada que deriva das verbas guaranís ykua («pozo») e mandyju («algodón»).

Unha das hipóteses di que existía unha planta de algodón nun pozo do lugar onde se fundou a cidade, e a outra contempla que había unha nacente de auga e o brote da mesma formaba burbullas brancas similares ao algodón. Dito pozo encóntrase na esquina que forman as rúas Fontao Meza e Familia Serrati, no barrio Santa Ana.

Rúas de San Pedro.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1525, os indíxenas asasinaron ao descubridor de Paraguai, o portugués Aleixo García.

A localidade foi fundada o 16 de marzo de 1786 polo comandante José Ferreira e polo capitán Pedro García Lacoizqueta, na época do gobernador intendente Pedro Melo de Portugal, aínda que xa desde antes no lugar existían establecementos indíxenas. Estas tribos eran un problema para ás estancias da zona e inclusive, para á mesma Asunción. Mais os constantes e agresivos avances portugueses representaban un perigo aínda maior; en razón a estas dificultades foi elixida esta localización para conter e repeler aos agresores.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima é húmido e chuvioso, a humidade relativa é do 70 ao 80%. A media é de 23 °C, a máxima en verán é de 40 °C e a mínima de 10 °C. A temperatura máxima rexistrada nesta zona foi de 41,2 °C e a mínima foi de -1,6 °C.[1]

Demografía[editar | editar a fonte]

Conta cunha poboación de 32.918 habitantes, dos cales 17.092 son homes e 15.825 mulleres, segundo proxeccións para o 2008 da Dirección Xeral de Estatísticas, Enquisas e Censos.

Economía[editar | editar a fonte]

A cidade e os seus arredores constitúen un importante centro de actividade gandeira: vacún, equino, ovino e porcino.

En agricultura, no distrito realízanse cultivos de herba mate, algodón, soia, pataca, alfalfa, cítricos, maní, mandioca e trigo. En canto ás industrias é posible citar aos serradeiros, procesadoras de petit grain e aceite de coco.

Por outro lado na artesanía sampedrana, destacan os bordados e traballos en arxila.

Turismo[editar | editar a fonte]

San Pedro é coñecida como a “Capital da Cordialidade”, debido á hospitalidade dos seus habitantes. O principal atractivo son as súa casas antigas, casonas coloniais de cores, existentes na cidade desde a época dos López.

A igrexa reconstruída é de estilo franciscano, igrexa na honra de San Pedro, tamén datada da época de Carlos Antonio López. O retablo e as imaxes son de grande valor histórico para Paraguai. Tamén é posible observar pezas antiquísimas da rexión no museo do Sr. Francisco Resquin.

A Casa da Cultura é outro lugar interesante, con exposicións artísticas, cursos de música, poesía e guitarra.

As praias ás beiras do río Jejui ofrecen lugares de recreación, onde é posible practicar o piragüismo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dirección Nacional de Aeronáutica Civil. "Boletines Climáticos.". Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2012. Consultado o 23 de setembro de 2011.