Saltar ao contido

San Pedro de Mor, Alfoz do Castrodouro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Pedro de Mor, Alfoz do Castrodouro
 Nome oficial
San Pedro de Mor (San Pedro) (gl)
San Pedro de Mor (San Pedro) (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Poboación
   467 (2019) padrón municipal Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código INE27002060000 Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 182689
Wikidata C:Commons

San Pedro de Mor é unha parroquia do concello de Alfoz do Castrodouro.[1] No ano 2020 tiña 467 habitantes (225 homes e 242 mulleres), distribuídos en 15 entidades de poboación, cunha densidade de 127,6 hab./km². Acolle a aldea da Seara, o principal núcleo do concello de Alfoz do Castrodouro dende 1990, e onde vive a cuarta parte da poboación do municipio.

Limita ao norte coa parroquia de Ferreira (O Valadouro), ao sur e ao oeste con Lagoa e ao leste co Castrodouro.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A primeira mención histórica desta parroquia data do ano 1164, cando o conde Álvaro e maila súa muller Sancha subscribiron unha escritura de cambio co bispo Pedro I e co prior, pola cal aqueles cedían a estes a igrexa de San Pedro de Mor e outras máis.

A parroquia ten un volume considerable de cruceiros.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de San Pedro de Mor

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de San Pedro de Mor no concello de Alfoz do Castrodouro (Lugo)

O Barral | O Candaedo | Correlos | Couto de Baixo | Couto de Riba | O Fargallo | O Fontelo | A Igrexa | Liñar | A Rega | Santa Mariña | A Seara | Vilagabe | Vilaúde | Xordelo

Parroquias de Alfoz do Castrodouro

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Alfoz do Castrodouro

Adelán (Santiago) | Bacoi (Santa María) | Carballido (San Sebastián) | O Castrodouro (San Salvador) | Lagoa (San Vicente) | As Oiras (San Mamede) | O Pereiro (Santa María) | O Reirado (Santa María) | San Pedro de Mor (San Pedro)

  1. "Nomenclátor de Galicia 2026" (PDF). Real Academia Galega. Consultado o 2026-05-23.