San Miguel de Presqueiras, Forcarei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Miguel de Presqueiras
ConcelloForcarei[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°31′29″N 8°20′48″O / 42.524833333333, -8.3466388888889Coordenadas: 42°31′29″N 8°20′48″O / 42.524833333333, -8.3466388888889
Poboación173 hab. (2019)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]
Nave de Estañíferas de Galicia SA.

San Miguel de Presqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2014 tiña 210 habitantes (95 homes e 115 mulleres), 70 menos ca en 2004 (153 mulleres e 127 homes nese ano segundo o padrón municipal) e 73 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.

Topónimo[editar | editar a fonte]

Posibelmente do étimo petriscarias, derivado do latín petra(m) co sufixo latino -aria, lugar onde abundan as pedras[2].

Historia[editar | editar a fonte]

Nesta parroquia estaba a sede dos Xuíces-Meiriños nomeados polos arcebispos de Compostela para gobernar a Terra de Montes. O Arcebispo Xelmírez mandara construír unha fortaleza e unha torre, das que hoxe só quedan ruínas, nunha pequena península que forma o río Castro, afluente do río Lérez, derrubada en 1466 na Gran Guerra Irmandiña. Nos séculos XIX e XX a compañía Estañíferas de Galicia SA explotou as minas de Presqueiras[3]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de San Miguel de Presqueiras[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de San Miguel de Presqueiras no concello de Forcarei (Pontevedra)

Barro | Guisande | Morgade | O Outeiro | San Miguel

Parroquias de Forcarei[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Forcarei

Aciveiro (Santa María) | Castrelo (Santa Mariña) | Dúas Igrexas (Santa María) | Forcarei (San Martiño) | A Madanela de Montes (Santa María Madanela) | Meavía (San Xoán) | Millarada (San Amedio) | Pardesoa (Santiago) | Pereira (San Bartolomeu) | Quintillán (San Pedro) | San Miguel de Presqueiras (San Miguel) | Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña) | Ventoxo (San Nicolao)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. "Orgullo pola toponimia en Forcarei". Carta Xeométrica. 18/10/2017. Consultado o 19/10/2017. 
  3. Cámara Oficial Mineira de Galicia. "Minas de Presqueiras". Patrimonio xeo-mineiro de Galicia. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]