San Martiño do Porto, Cabanas
| San Martiño do Porto | |
|---|---|
Igrexa de San Martiño do Porto. | |
| Concello | Cabanas[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 43°25′24″N 8°10′31″O / 43.4234, -8.1754 |
| Poboación | 960 hab. (2025) |
| Entidades de poboación | 20[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Martiño do Porto[2] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Cabanas. Segundo o IGE en 2010 tiña 1.034 habitantes (518 homes e 516 mulleres), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.062 habitantes. É a parroquia máis poboada do concello.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial data de 1788. Foi mandada edificar polo arcebispo de Santiago Bartolomé de Raxoi. Ten planta rectangular e dentro ten algunhas obras neoclásicas. No frontón hai unha representación de San Martiño, na cal dacabalo comparte a súa capa cun mendigo.
Outras obras importantes son a capela do Bo Xesús e o Pazo de Fraián.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Martiño do Porto
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de San Martiño do Porto no concello de Cabanas (provincia da Coruña) | |
|---|---|
|
O Barreiro | O Batán de Abaixo | O Batán de Arriba | Cardeita | O Chao | O Chao da Aldea | A Costa | Lodeiro | A Lousada | A Madanela | As Modias | Pena do Pico | O Piñeiro | Portomaón | O Pudrical | O Rego | Sobre da Riba | A Torre | O Val | O Vinteún |
Parroquias de Cabanas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ "Nomenclátor de Galicia 2026" (PDF). Real Academia Galega. Consultado o 2026-05-23.