San Lourenzo de Siabal, Paderne de Allariz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Lourenzo de Siabal
ConcelloPaderne de Allariz[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°16′59″N 7°45′21″O / 42.28308333, -7.75577778Coordenadas: 42°16′59″N 7°45′21″O / 42.28308333, -7.75577778
Poboación242 hab. (2022)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

San Lourenzo de Siabal é unha parroquia do concello ourensán de Paderne de Allariz na comarca de Allariz - Maceda. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 242 habitantes (112 homes e 130 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación.

Patrimonio arquitectónico[editar | editar a fonte]

Nesta zona hai moitos elementos de interese: a igrexa de San Lourenzo, a capela da Vacariza, a capela de Siabal, o cruceiro de Siabal e o conxunto de cabaceiros do pobo de Siabal.

A igrexa de San Lourenzo é un templo barroco do século XVIII, destaca pola súa magnífica torre de campás que loce na traseira da súa fachada e vese dende case todos os puntos do concello. Está construída sobre unha igrexa anterior de arquitectura románica. Está dedicada a San Lourenzo, como o nome da parroquia, e a festa celébrase o 10 de agosto, que é o día do santo.[3]

A Vacariza destaca pola súa capela que está dedicada a San Pablo, a súa festa celébrase o 6 de xaneiro.[4]

A capela de Siabal está dedicada á Virxe dos Remedios, e a súa festa celébrase o 8 de setembro. Nesta vila pódese apreciar un precioso conxunto de cabaceiros no centro do pobo nos que antigamente gardaban o millo para secar. Ademais tamén conta cun cruceiro de data indefinida e composto por unha base a modo de peaña e unha columna que suxeita a cruz.[4]

Ermide, debido a que non ten capela, non ten santo e a festa celebrábana na honra de San Antonio, aínda que non o día dese santo, senón o primeiro domingo do mes de maio. Hoxe en día xa non celebran a festa.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]


Lugares de San Lourenzo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de San Lourenzo de Siabal no concello de Paderne de Allariz (Ourense)

Alén | Arrabaldo | Ermide | Outeiros | O Rial | San Lourenzo | Siabal | O Silvar | A Vacariza

Parroquias de Paderne de Allariz[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Paderne de Allariz

Cantoña (San Mamede) | Coucieiro (San Vicente) | Figueiredo (San Pedro) | Figueiroá (San Xillao) | Golpellás (Santa Baia) | Paderne (San Cibrao) | San Lourenzo de Siabal (San Lourenzo) | San Salvador de Mourisco (San Salvador) | San Xes (San Xes) | Solbeira (San Salvador)


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]