San Cristovo, Paizás, Ramirás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Cristovo
ParroquiaPaizás
ConcelloRamirás
Coordenadas42°10′35″N 7°59′59″O / 42.17625962284, -7.9997953137895Coordenadas: 42°10′35″N 7°59′59″O / 42.17625962284, -7.9997953137895
Poboación20 hab. (2019)
editar datos en Wikidata ]

San Cristovo é un lugar da parroquia de Paizás, no concello ourensán de Ramirás. Segundo o IGE do 2010 tiña 21 habitantes dos que 15 eran homes e 6 eran mulleres. Situado na estrada nacional entre Celanova e Vilavidal, está condicionado pola pequena industria dos aluminios. O nome San Cristovo corrompeuse durante o franquismo a "San Cristobo" por influencia do castelán, como pode verse en sinais antigos á entrada da aldea. Nesta época, a poboación viuse menguada por unha forte emigración e vive un continuo despoboamento e envellecemento dende hai anos, como no caso de moitos lugares do interior ourensán, o que provocou que a meirande parte das antigas vivendas se atopen abandonadas ou en estado ruinoso.

Lugares da parroquia de Paizás no concello de Ramirás (Ourense)

A Corredoira | Covelas | Fraguas | O Outeiro | Paizás | Pazos | Pereira | San Cristovo | A Silva | Tuño | Vilaboa | Vilaflor | Vilagarcía | Vilariño

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Ramirás

Casardeita (Santiago) | Escudeiros (San Xoán) | Freás de Eiras (Santa María) | Grixó (Santa Isabel) | Mosteiro (San Pedro) | Paizás (San Salvador) | Penosiños (San Salvador) | Rubiás (Santiago) | Santo André de Penosiños (Santo André) | Vilameá de Ramirás (Santa María)